Notas de prensa

O 2º Rally Mix da Gudiña reunirá a máis de 70 pilotos da modalidade terra-asfalto

A Deputación de Ourense co-organiza o evento xunto coa Escudería HCC-Competición e o Concello da Gudiña e co apoio da Federación Galega de Automobilismo.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado do alcalde da Gudiña, Guillermo Lago; do presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e de representantes da Escudería HCC-Competición, presentou na Sala de Xuntas do Pazo Provincial o 2º Rally Mix da Gudiña, unha proba automobilística que terá lugar os días 9 e 10 de maio e na que se prevé a participación de máis de 70 pilotos.

Manuel Baltar destacou a longa tradición que ten a provincia de Ourense no mundo do motor, e sinaladamente á Gudiña “onde xa se celebrou con gran éxito o Rally Mix na súa primeira convocatoria, convertendo a esta contorna nun punto de encontro desta modalidade deportiva, concitando o interese de afeccionados ao mundo do motor”. O presidente do goberno provincial agradeceu ao Concello da Gudiña e aos co-organizadores do rally –a escudería HCC-Competición, xunto coa Deputación de Ourense- o esforzo que realizan para a planificación e desenvolvemento da proba, e tamén á Federación Galega de Automobilismo polo seu apoio a este evento deportivo.

Esta competición, que se corre en asfalto e terra, que ten a súa orixe en Irlanda, está a consolidarse dentro do panorama de rallys de Galicia e do nacional, segundo explicou Guillermo Lago, quen destacou que este evento “permite promocionar a natureza, gastronomía e o turismo da contorna da Gudiña”.

Os tramos polos que discorrerá a proba abranguen en total 11 quilómetros de terra e asfalto, nun concello que segundo dixo Iván Corral “é pioneiro en rallys de terra, o cal é de agradecer porque así estamos a fomentar o deporte de base nesta modalidade”. Corral agradeceu tamén a aposta decidida da Deputación de Ourense á que cualificou como “unha referencia para outras administracións no que se refire ao apoio que brinda ao mundo do motor”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2015-05-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES