
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Televisión de Galicia colaboran un ano máis para lle achegar á cidadanía a figura homenaxeada coas Letras Galegas.
A canle autonómica emitirá tres pezas audiovisuais con textos de Xosé Filgueira Valverde, para favorecer a difusión social da obra do escritor ao que se lle dedica en 2015 o 17 de maio, segundo anunciaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora-xerente da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, nunha rolda de prensa que tivo lugar na Cidade da Cultura.
Trátase de tres pezas audiovisuais realizadas a partir de fragmentos de textos do escritor que se acompañan de imaxes suxestivas para animar os espectadores a ler e a descubrir a prolífica obra de Filgueira Valverde, afirmou Anxo Lorenzo, que incidiu na dificultade desta selección dada a inxente obra do escritor pontevedrés, que nos legou máis de 2.000 publicacións sobre ámbitos como a historia, a arqueoloxía, a lingua, a literatura, a antropoloxía e a arte, xunto con destacadas creacións literarias.
Selección de textos
Unha das pezas, segundo explicou, baséase nunha das entregas dos Adrais, concretamente no quinto volume, cun texto sobre a lingua galega. Outro dos textos empregados é A Escolma, arredor dos nomes do río e a riqueza da linguaxe, publicado na obra Quintana viva. A terceira peza recupera unha das Seis canciones de mar in modo antico, escritas por Filgueira seguindo o modelos das cantigas medievais e que se encadran no movemento do neotrobadorismo. Trátase, concretamente da composición que fai referencia a San Cremenço do mar, musicada por Roxelio Groba.
As Letras Galegas, en cultura.gal
Estas creacións audiovisuais, que foron realizadas por Algarabía, enmárcase na programación promovida pola Xunta de Galicia para contribuír coa celebración das Letras Galegas e favorecer o coñecemento entre a cidadanía da vida e da obra da figura á que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio.
Edicións conmemorativas, exposicións itinerantes, a páxina web oficial de Filgueira e iniciativas de divulgación nas redes sociais, traducións da súa obra a outros idiomas, mostras bibliográficas nas bibliotecas centrais territoriais de toda Galicia, obradoiros para os máis pequenos e actuacións musicais son algunhas das propostas que centran a programación das Letras Galegas 2015, que se pode consultar na Axenda de Cultura a través do enderezo web cultura.gal
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.