Notas de prensa

Preséntase a primeira edición en cómic da obra de Vicente Risco: Dédalus en Compostela

De esta nova entrega de Dédalus en Compostela editáronse mil exemplares, unha obra que viu a luz por primeira vez en 1929, na revista Nós, e que foi posteriormente reeditada en 1961 pola editorial Galaxia.

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu a presentación do libro Dédalus en Compostela, de Vicente Risco, obra co-editada pola Deputación de Ourense e a Fundación Vicente Risco en formato cómic. O acto contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o vicepresidente da Fundación Vicente Risco, Luis Martínez-Risco, e o autor das ilustracións do libro, Fernando Iglesias.

“Trátase da primeira obra editada en formato cómic pola Deputación de Ourense, referida a un personaxe senlleiro da nosa cultura como é Vicente Risco”, explicou Manuel Baltar, quen subliñou “a alianza entre a Fundación Risco e a Deputación de Ourense para promover e difundir a obra deste intelectual, máis presente que nunca, porque a súa pegada está nos que seguimos afondando na nosa autonomía e na identidade social, histórica e cultural da nosa terra”.

O presidente do goberno provincial referiuse á publicación destacando que Dédalus en Compostela transcorre en 1926 “cando o alter ego de James Joyce peregrina á capital de Galicia levado por unha forza que se asemella a ese impulso misterioso que moveu a tantas e tantos irlandeses a través dos séculos”. Na obra, o azar provoca o encontro co narrador (Vicente Risco) e o paseo polas rúas máis entrañables de Compostela, “un territorio especialmente dialogado que atopa no cómic a forza necesaria para chegar con contundencia de seu ás mozas e mozos desta Gallaecia do século XXI”, afirmou Manuel Baltar, subliñando que a Risco “hai que lelo e releo, e todos temos a obriga de divulgar a súa riquísima e universal personalidade”.

Pola súa banda, o ilustrador Fernando Iglesias explicou que obxectivo do seu traballo “foi ser fiel ao relato de Risco, precisamente porque el é o protagonista desta narración. E proba diso é que máis do 70 por cento do texto orixinal da obra está recollido no cómic, que ten un punto fantástico porque o relato tamén o é”.

Finalmente, Luis Martínez-Risco agradeceu a colaboración e apoio da Deputación de Ourense para levar a cabo proxectos conxuntamente coa Fundación Risco y afirmou que esta obra “dálle unha nova linguaxe e visibilidade a Vicente Risco para que as novas xeracións se acheguen ao autor”. Definiu a obra como “un libro futurista que reflicte a condena que poden sufrir os pobos que renuncian á súa identidade”.

De esta nova entrega de Dédalus en Compostela editáronse mil exemplares, unha obra que viu a luz por primeira vez en 1929, na revista Nós, e que foi posteriormente reeditada en 1961 pola editorial Galaxia.


Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2015-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES