
O Ciclo de música relixiosa de Barcia de Mera desenvolve entre os meses de abril e setembro, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un programa de concertos na igrexa barroca de San Martiño, en Covelo, Pontevedra, que contará con recoñecidos artistas e agrupacións.
O cartel da sétima edición desta iniciativa foi presentada hoxe no Balneario de Mondariz, nunha rolda de prensa na que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor a calidade e a diversidade desta oferta cultural no ámbito rural, que conta xa cunha importante continuidade no tempo.
Seis concertos entre abril e setembro
Promovido pola Parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, o ciclo abrirá a súa sétima edición o 25 de abril cun concerto inaugural a cargo do Grupo Instrumental Siglo XX. A formación Luz y Norte ofrecerá o concerto do día 23 de maio, cun repertorio que terá como protagonista a música europea e latinoamericana dos séculos XVI e XVII. A seguinte sesión, o 20 de xuño, contará con solistas da Orquetra de Cámara Galega, mentres que o sábado 18 de xullo actuará a Capela Finis Terrae, con obras de Frescobaldi, Telemann, Bach e Haendel.
O 29 de agosto será a quenda de Vox Stellae, cun concerto conmemorativo do quinto centenario do nacemento de santa Teresa, con obras de Guerrero, Giovanni Palestrina e do cancioneiro popular. Finalmente, o ciclo despedirase da man da mezzosprano Belén Elvira que, acompañada do pianista J.A Álvarez Parejo, interpretará obras de Haendel, Scubert, Mascagni, Verdi o Falla.
O párroco de Barcia de Mera, Rafael Antela; a directora artística do ciclo, Nieves García-Soto; o director da Orquestra de Cámara Galega, Rogelio Groba; o actor maximino Queizán, que recitará no concerto do 29 de agosto, e Amalia Gallego, responsable de prensa do Balneario de Mondariz, tamén participaron na presentación da nova edición desta cita cultural que esperta cada ano o interese dos veciños do lugar, así como do público en xeral.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.