Notas de prensa

A cooperación empresarial galega no naval, clave para competir no mercado mundial

O conselleiro de Economía salienta a innovación e a internacionalización como claves do crecemento do sector naval galego, durante a botadura da draga Omvac Doce, construída por Nodosa para o armador galego Canlemar a cooperación entre empresas galegas e a I+D+i como estratexia clave para competir no mercado mundial, logrando novos e destacados contratos internacionais.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou en Marín na botadura da draga Omvac Doce, realizada polo estaleiro pontevedrés Nodosa para o armador eumés Canlemar, a aposta pola innovación do naval galego que lle confire novas oportunidades para crecer conseguindo “novos contratos máis alá das nosas fronteiras”, sinalando que “o naval galego ten a oportunidade de liderar o cambio de tendencia do sector naval español”.

Na mesma liña, Conde resaltou a importancia da cooperación entre empresas galegas para gañar competitividade e impulsar a súa internacionalización. “É o esforzo compartido das nosas empresas, de Nodosa, de Canlemar, o que sitúa á industria galega nunha posición inmellorable para competir no gran mercado actual: o mundo", incidiu o conselleiro.

Na súa intervención, o conselleiro de Economía e Industria destacou que a botadura da nova draga representa “todo aquilo que Galicia quere ser: unha Galicia que coopera, innovadora e aberta ao mundo”. Neste sentido, Francisco Conde subliñou que Nodosa conta co seu propio departamento de I+D+i, o que contribúe a diversificar o seu negocio, construír novos tipos de embarcación, ou realizar buques como o que se botou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES