Con este directorio o Igape quere desenvolver unha estratexia activa de recoñecemento empresarial no ámbito da internacionalización, que sirva de efecto espello para o resto de pemes: exemplificación de procesos de internacionalización de empresas galegas como vía de aprendizaxe, así como recoñecemento institucional ás empresas que máis destacaron en distintas áreas ou facetas de internacionalización (inicio exportación, empresa exportadora habitual, implantación internacional, traxectoria internacional,..).
As empresas interesadas en formar parte deste directorio, poden manifestalo enviando un email a [email protected] coa seguinte información: nome de empresa, persoa de contacto, teléfono e email.
Entre os beneficios que pode aportar ás empresas a participación neste directorio están: reforzo da propia imaxe, visibilidade da súa profesionalidade e calidade, reforzo da súa credibilidade e mellora da súa imaxe de marca, incremento de notoriedade, publicidade gratuita,... O traballo de recollida de datos e maquetación do directorio será realizado pola empresa Pricewaterhouse.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.