
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o Bosque de Galicia, formado por árbores autóctonas, está destinado a ser o grande pulmón verde da capital galega; un bosque que, segundo aseverou, osixenará Santiago, servirá como porta de entrada á Cidade da Cultura e que será probablemente dixo- o bosque máis importante da Autoestrada do Atlántico, cunha entrada directa desde ela.
Feijóo, que visitou os traballos de plantación, afirmou que as preto de 5.000 árbores plantadas ata o de agora forman parte das 6.000 que se plantarán ata o mes de abril e que conformarán, xunto as que xa había na zona, este bosque formado por un total de 24 hectáreas, que servirán para conectar Santiago a través dun camiño verde coa Cidade da Cultura, incidiu.
Ademais de mellorar a calidade de vida dos composteláns e reforzar o atractivo da cidade ante os visitantes, o responsable do Goberno galego fixo fincapé en que este bosque funcionará como unha alfombra verde que guiará os visitantes ata a Cidade da Cultura, conseguindo que esta quede aínda máis integrada en Santiago de Compostela.
En definitiva, un bosque representativo do que queremos facer en Galicia: bosques con árbores autóctonas que engrandezan a paisaxe preto das cidades e que sirvan de pulmón, de osíxeno así como de lugar de ocio, engadiu
Feijóo salientou que este proxecto favorecerá a biodiversidade e o metabolismo da capital de Galicia e avanzou que, logo desta primeira fase, iniciarase unha segunda na que se construirá unha escaleira para acceder a pé ao monte Gaiás desde o Sar e farase noutra ladeira unha zona de cultivo.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.