O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na capital comunitaria na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité das Rexións (CdR). A axenda do encontro estivo marcada por un debate sobre o futuro do sector lácteo e acuícola na UE.
A comunidade galega liderará un ditame sobre o futuro da acuicultura europea. Neste encontro da comisión NAT o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, foi designado como poñente deste ditame que se prevé aprobar finalmente na sesión plenaria do CdR do vindeiro mes de outubro, despois dun logo traballo con representantes da Comisión e do Parlamento Europeo.
O principal obxectivo do ditame é identificar os obstáculos que dificultan o bo desenvolvemento da acuicultura europea e recomendar posibles solucións. Unha das principais prioridades da Política Pesqueira Común (PPC) é a acuicultura, e, dentro dela, a de reducir as cargas administrativas. Nesta liña, o ditame pretende facilitar os procesos administrativos actuais e analizar outras áreas de gran importancia para o futuro da acuicultura como son a competitividade e a sustentabilidade do sector.
En ditames anteriores o CdR apoiou o desenvolvemento do sector acuícola como industria de relevancia estratéxica para a UE xa que o seu bo desenvolvemento crea postos de traballo e permite achegarse ós obxectivos de cohesión territorial, desenvolvemento rural e crecemento económico. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, salientou que non me parece froito da casualidade que Galicia fose designada para definir a sensibilidade das rexións europeas sobre unha cuestión de importancia como a acuicultura. Para min, en concreto, é unha gran honra e unha gran responsabilidade.
A comisión NAT do Comité das Rexións
O Comité das Rexións (CdR) é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. Está composto por 350 membros, 21 dos cales son españois. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.
Neste mandato, Galicia participa nas comisións NAT e CIVEX do CdR. A comisión NAT encárgase de temas como a Política Agrícola Común (PAC) e desenvolvemento rural, a pesca, o turismo, a política marítima ou a silvicultura.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.