Notas de prensa

O Consello da Cultura Galega promove o 5 de marzo a xornada Xogar coa Cultura

A ciencia, a educación, o cinema, as novas narrativas, a comunicación corporativa e, en xeral, as distintas industrias culturais aproveitan as dinámicas propias do xogo para tentar atraer a atención e fidelizar un usuario máis participativo. Esta tendencia cara á ludificación (ou gamificación) é detectable en moitos outros ámbitos.

O xogo é tan antigo coma o ser humano. Así, gozamos de distintos xogos que, coa eclosión do mundo dixital, se trasladaron á contorna online e se expandiron a soportes diferentes (especialmente grazas ao despregamento dos dispositivos móbiles), en modalidades múltiples e en diversos sectores. Con todo, quizais o seu recoñecemento público non chega até a consideración da industria dos videoxogos como industria cultural (feito que, en España, non se produce até 2009). Esta tendencia cara á ludificación (ou gamificación) é detectable en moitos outros ámbitos.

A ciencia, a educación, o cinema, as novas narrativas, a comunicación corporativa e, en xeral, as distintas industrias culturais aproveitan as dinámicas propias do xogo para tentar atraer a atención e fidelizar un usuario máis participativo. O xogo como ferramenta comunicativa e de coñecemento será o eixe central desta xornada do Consello da Cultura Galega que une industria, tradición popular, ciencia, emprendemento e públicos.

A xornada, coordinada por Carmen Costa, contará coa presenza de Manuel Garin, Eva Balsa, Irene Lapuente, Paco Veiga, Luisa Rodríguez, Diego Rivera, Sergio Prieto, Silvia López, Xosé Manuel Rey Piñeiro e Ignacio Lago, representantes do ámbito educativo, divulgativo, comunicativo, científico e empresarial.

Máis información: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200269

Consello da Cultura Galega (CCG), 2015-02-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES