Notas de prensa

Ponse en marcha o terceiro ciclo literario Nexos, no Gaiás, a partir do 21 de marzo

A Biblioteca de Galicia albergará catro sesións dedicadas á intelectual María Zambrano, á imaxinación dos arquitectos, á arte contemporánea e a relación entre literatura e gastronomía coa gran dama da literatura negra actual: Donna Leon. Aberta en www.cidadedacultura.gal a inscrición da primeira xornada, que contará con Ana Bundgaard e a música de Samuel Diz.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha no Gaiás a terceira edición do ciclo de literatura e pensamento ‘Nexos. Ciclo de cultura contemporánea’, que busca establecer un diálogo entre a literatura e outras áreas do coñecemento. As xornadas recuperan este ano o seu escenario orixinal, a Biblioteca de Galicia, onde se celebrarán catro sesións nas que abordar temas de actualidade ou inmemoriais mantendo unha dinámica xa coñecida polo público da Cidade da Cultura: combinación de relatorios con actuacións artísticas que dean lugar a reflexións estimulantes desde un formato lúdico e orixinal. E como o obxectivo é ofrecer un aperitivo cultural para as mañás dos sábados, os asistentes están convidados tras a sesión a un viño por cortesía da bodega Martín Códax, facilitando un momento para o diálogo e o intercambio de impresións.

A edición deste 2015 establecerá un diálogo entre áreas de coñecemento tan diversas como a filosofía, a poesía, a arquitectura, a arte contemporánea, a narrativa e a gastronomía. Así, ‘Nexos’ abrirá cunha sesión dedicada a María Zambrano para continuar cunha xornada na que se abordará a imaxinación de arquitectos e urbanistas, as vangardas e a arte contemporánea e, finalmente, a relación entre literatura e gastronomía coa gran dama da literatura negra actual: Donna Leon.

Sesión infantil paralela

Como todos os nexos, ‘Nexos’ terá unha sesión paralela para os máis pequenos –de 5 a 12 anos- basada na triple fórmula: ler (na que os nenos farán unha aproximación ao tema a través dunha lectura colectiva ou contacontos), facer (actividades lúdicas nas que aprender divertíndose) e falar (extracción de conclusións, debate e intercambio de ideas).

O obxectivo é introducir aos máis pequenos na relación entre a literatura e os diferentes aspectos da vida, transmitindo a idea de que a través dos libros e da expresión artística podemos entender a realidade, transformala e mellorala.

María Zambrano

‘Nexos’ arrancará o 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, lembrando á meirande intelectual española do século XX: a filósofa María Zambrano. Co concepto da “razón poética”, Zambrano acuñou unha liña de pensamento que buscaba trascender os estreitos límites do racionalismo para abrirse ao enigmático, misterioso e sagrado da condición humana.

A sesión contará co relatorio de Ana Bundgaard, hispanista e catedrática da Universidade de Aarhus (Dinamarca), unha das maiores autoridades mundiais na vida e obra de Zambrano. Tras as súas palabras, terá lugar un concerto de guitarra clásica a cargo de Samuel Diz.

A entrada é de balde mais é preciso inscribirse previamente en www.cidadedacultura.gal.

Da arquitectura á cociña

Tras esta sesión inaugural, ‘Nexos’ abordará o 18 de abril ‘As cidades imaxinadas’, unha reflexión sobre a imaxinación dos arquitectos e urbanistas á hora de concibir os nosos espazos de relación e convivencia. En lugar de relatorio, ‘Nexos’ contará cun diálogo entre os arquitectos e urbanistas galegos Xerardo Estévez e Manuel Gallego Jorreto. Tras eles, terá lugar a proxección audiovisual ‘Imaxinarios sonoros de Compostela’, peza realizada expresamente para o ciclo no que Nacho Muñoz e Mig Seoane, dous músicos e artistas experimentais, realizan un “parkour” polas rúas de Compostela e do Gaiás.

O 9 de maio terá lugar ‘Esplendor e farsa da arte contemporánea’ cun relatorio a cargo de Estrella de Diego, escritora, ensaísta, catedrática de arte contemporánea na Universidade Complutense de Madrid e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2011. A sesión complétase cun concerto de Cuerpo Astral, grupo de música electrónica e “regatten ilustardo” formado por FurAlle Falle (Iñaki López e Vanesa Castro) e Lúa Gándara.

A última sesión será o 6 de xuño baixo o título ‘O deleite na palabra. Larpeiradas dos literatos’, na que se abordará a estreita relación entre comida e lectura, entre gastronomía e literatura. O relatorio contará cunha protagonista de excepción: a gran dama da literatura negra actual, a escritora e profesora estadounidense, Donna Leon. Creadora do personaxe do comisario Brunetti, os seus libros están ateigados de referencias gastronómicas como por exemplo ‘El sabor de Venecia’.

A clausura de ‘Nexos’ complétase cun showcooking a cargo de Manuel Gago, xornalista e profesor da USC, e do cociñeiro Alberto Lareo, chef do restaurante Manso.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-02-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES