A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premia a 15 rapaces e rapazas que resultaron gañadores da fase provincial do certame de poesía Nadal 2014, convocado pola Biblioteca Nodal en colaboración con outras 22 bibliotecas públicas da provincia.
A entrega de premios celebrarase o venres, día 20, ás seis da tarde no salón de actos da Biblioteca Nodal, e nese mesmo acto procederase á presentación do libro que recolle os traballos gañadores do pasado ano.
O certame, que cumpre xa a súa 22 edición, premiou este ano a 152 escolares na fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados e remíteos para competir na fase final que se dirime na biblioteca provincial de Lugo.
O xurado da fase provincial acordou outorgar os seguintes premios nas distintas categorías a concurso:
Categoría A (Ata 8 anos):
Xavi Román Iriarte Álvarez, 8 anos. Biblioteca de Ribadeo
Patricia Ferreira Feás. 6 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Sergio Romero González. 8 anos. Biblioteca de Burela
Accésits:
Álvaro Buitrón Amaro, 8 anos. Biblioteca de Monforte de Lemos
Lidia Bermúdez Rodil. 8 anos. Biblioteca de A Fonsagrada
Categoría B (9 a 11 anos):
Carís Hernández Eiros.10 anos. Biblioteca de Ribadeo
Lucía Díaz Darriba. 10 anos. Biblioteca de Vilalba
Laura Quiroga Ribas. 10 anos. Biblioteca de Burela
Accésits:
Nuria Devesa Núñez. 10 anos. Biblioteca Provincial de Lugo
Paula Pasarín Fernández. 9 anos. Biblioteca da Fonsagrada
Categoría C (12 a 16 anos):
Silvia López Lorenzo. 14 anos. Biblioteca de Villalba
Saray Veiga Varela. 15 anos. Biblioteca da Pobra do Brollón
Alba García Garcia, 12 anos. Biblioteca de Alfoz
Accésits:
Irene Rico Gómez. 15 anos. Biblioteca de Burela
Ana Vázquez Rodríguez. 16 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos, lote de publicacións e diploma. Os accesits, que se conceden pola calidade e cantidade dos traballos presentados, con lotes de publicacións e diploma.
O xurado da fase provincial estivo formado por Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial; Jaime Santoalla Varela, inspector xefe de Educación; Yolanda Gómez González, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial de Lugo, e Xulio Giz Ramil, xornalista, que actúa como secretario.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.