A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, dirixiuse ao Secretario de Estado de Infraestruturas e Transporte para criticar o proceso de privatización de AENA e a falla de explicacións da Ministra de Fomento ao respeito.
Rosana Pérez lembrou que desde xuño de 2014 o BNG tiña solicitado a comparecencia da Ministra de Fomento para que informase da privatización de AENA. Máis até hoxe ninguén veu dar explicacións. Vostede é o máximo expoñente da política de feitos consumados deste Ministerio. Reprochou tamén a falla de información ás CC.AA.
Privatizan antes de transferir competencias
Lamentou o espectáculo de ver como o Goberno entrega, unha vez máis, unha empresa pública con beneficios aos fondos de inversión, mentras se nega a que Comunidades como Galiza teñan a competencia na xestión dos aeroportos para facer unha política aeroportuaria coordenada.
O BNG, subliñou, pediu a paralización do proceso de privatización e a apertura dun diálogo coas CC.AA para a implantación dun modelo de xestión aeroportuario descentralizado. Reprochou que o Goberno se negase a transferir a Galiza a competencia en xestión aeroportuaria baixo o argumento de que un todo mellor que as partes cando agora procederon á partición dese todo. Acusou ao Goberno de non ter tido escrúpulos á hora de transferir case a metade de AENA ao sector privado.
Criticou que vaian permitir que empresas privadas, incluso de capital estranxeiro, sexan as que asuman os aeroportos. Censurou o traspaso de patrimonio público a máns privadas que vai empiorar a calidade do servizo porque as empresas privadas se moven por criterios de rendabilidade. E aludiu ao que está sucedendo coa enerxía e a electricidade.
Preocupación pola seguridade aérea e os traballos
Ademáis de interesarse polas garantías que van existir en relación á seguridade aérea, Rosana Pérez amosou a inquedanza do BNG polos traballadores e traballadoras de AENA que xa nos últimos anos se viron afectados por importantes recurtes e ERE´s.
Tamén preguntou a Gómez Pumar se o Goberno prevé dar o seguinte paso á privatización total de AENA. Dados os antecedentes temos sospeitas fundadas de que ese poida ser o obxetivo. Reprochou ao Secretario de Estado que mentras recoñece que a rede aeroportuaria é una infraestrutura estratéxica para a economía, leven a cabo este proceso. Como se xustifica estas operación que vai ter consecuencias moi negativas en territorios como Galiza? Como explican esta privatización nun momento no que o tráfico aéreo está en alza, a compañía obtén beneficios e según vostedes a recuperación económica está en marcha?.
Rosana Pérez conminou a Gómez Pumar a explicar os verdadeiros motivos desta expropiación en toda regla. Acusou ao Presidente de AENA de negar así ingresos no ámbito público, e tamén negarlle esa posibilidade ás CC.AA. Ao final estamo no de sempre cos gobernos do PP: a entrega de servizos públicos a empresas privadas e perxuizos para millóns de cidadáns. Ímolo pagar os de sempre.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.