Notas de prensa

En marcha no Gaiás os Venres Emprendedores: unha cita mensual con casos galegos de éxito

En cada sesión haberá un coloquio informal e unha posterior sesión de networking onde intercambiar experiencias ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño. Rei Zentolo protagoniza o 6 de marzo a primeira xornada, ao que seguirán Alberto Rodríguez Montiel de FrutoDS, Óscar Santomé Estudio e Quattro IDPC.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha no Gaiás os ‘Venres Emprendedores’, unha cita mensual con profesionais que no seu día deron o paso e hoxe constitúen un caso de éxito. Esta iniciativa do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura busca transmitir a idea de que emprender é, sobre todo, unha actitude, unha cultura, unha forma de ver a vida e de transformar as ideas en produtos, en servizos, en melloras para a sociedade.

Deste xeito, os ‘Venres emprendedores’ organízanse a modo de coloquio onde catro personalidades do mundo do deseño e a publicidade permitirannos coñecer dunha forma creativa e orixinal a súa experiencia, cos seus poblemas e dificultades pero tamén os seus acertos. A interacción entre público e relatores facilitarase nunha sesión de networking informal posterior, onde todos os presentes poderán intercambiar experiencias e coñecementos ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño.

Publicidade e deseño

‘Venres Emprendedores’ arranca o vindeiro 6 de marzo cun dos casos de emprendemento galego máis notorios dos últimos anos: Rei Zentolo. Os responsables desta firma de deseño que mestura cultura popular galega coa estética do pop art anglosaxón abrirán estas xornadas emprendedoras transmitíndolle aos presentes as tres claves do seu éxito: “galeguidade, creatividade, universidalidade”.

A seguinte cita será o 10 de abril e o encargado de difundir os valores da cultura emprendedora será Alberto Rodríguez Montiel, director de proxectos de FrutoDS, o primeiro estudo de deseño de produto de Galicia.

Óscar Santomé Estudio chegará ao Centro de Emprendemento o venres 15 de maio para contar a súa experiencia como deseñador de interiores e a fórmula que utiliza para marcar a diferencia: o deseño e a creatividade como bandeira irrenunciable.

A última das catro citas emprendedoras será o 5 de xuño con Jaime Conde, director xeral da axencia Quattro IDCP, considerada unha das corenta mellores axencias de España pola revista ‘El Publicista’ e recoñecida polos seus últimos traballos para a empresa galega R.

De balde previa inscrición

As catro sesións terán lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura a partir das 18 horas. A entrada é de balde mais é preciso reservar praza enviando datos personais e a charla ou charlas ás que se desexa asistir ao mail [email protected].

Tras o coloquio, a xornada concluirá cunha degustación a cargo do Instituto Galego do Viño, institución pertencente ao Centro de Emprendemento do Gaiás, que facilitará o intercambio de experiencias.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-02-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES