Notas de prensa

O CGAC presenta o libro-obxecto Mi querida Babel

O Centro Galego de Arte Contemporánea presenta no seu auditorio o domingo 8 de febreiro, ás 18.00h, o libro Mi querida Babel do artista, cantante e compositor Juan Pablo Silvestre. A obra conta cos traballos de Ana Juan, Premio Nacional de Ilustración 2010 e de Óscar Mariné, Premio Nacional de Deseño do mesmo ano.

Julián Hernández, músico, escritor e líder de Siniestro Total fala desta peza ao público nun acto que contará ademais coa presenza do grupo vocal feminino Faltriqueira. A formación- que ten as súas fontes na música tradicional- é un dos expoñentes actuais da música galega. Durante o evento os asitentes poderán desfrutar dunha selección do seu repertorio musical.

La mano cornutta edita e produce este libro-obxecto a partires da canción Mi querida Babel de Juan Pablo Silvestre. Un himno que creou coa colaboración de Eliseo Parra e que rematou converténdose na sintonía do programa de Radio Nacional de España-Radio 3 Mundo Babel que el mesmo dirixe. As ilustracións de Ana Juan puxeron rostro de muller aos nomes de Babel e Oscar Mariné encargouse do concepto gráfico deste artefacto despregable para ver, tocar e escoitar.

O libro contén un cd con algunhas das 80 versións que autores de diferentes xéneros e estilos musicais como Bebo Valdés, Paco Ortega ou o grupo Om Off fixeron desta peza. O seu contido é un canto aos nomes de muller a través de todas as culturas do mundo e unha homenaxe feminina. Lin o futuro do libro na era dixital reivindicando o gusto polo papel e os modos de lectura non liná diversidade e á riqueza da beleza feminina. É unha obra que busca dar resposta aos retos da lectura e ao futuro do libro na era dixital reivindicando o gusto polo papel e a lectura non lineal. Os nomes forman o texto dunha canción de búsqueda espiritual baseado na repetición e na estructura circular, un mantra enunciado desde una perspectiva laica e contemporánea.

A obra está acompañada dun breviario que explica o significado cultural e etimolóxico de todos os nomes que se citan.

Virginia Villar (Departamento de Prensa e Comunicación - Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), 2015-02-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES