O Diario Oficial de Galicia publica a orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se convocan as axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia, cun orzamento de 2 millóns de euros.
Os solicitantes desta axuda deberán estar inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia. Así mesmo, cando aporten dereitos de replantación propios para a reestruturación das parcelas deberán telos inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia ao seu nome na data de finalización do prazo de solicitude.
Actividades subvencionables
Estas axudas aplicaranse ás superficies de viñedo da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión de viñedos. O prazo máximo de execución de ditos traballos -solicitados ao abeiro desta convocatoria- é o 15 de xuño de 2016.
O réxime de axudas levarase a cabo a través de plans que agruparán aos viticultores solicitantes das axudas, nos que figurarán as operacións solicitadas por cada un deles para as súas explotacións. Estes plans poderán ser anuais ou plurianuais, cunha duración máxima de 5 anos, sen que en ningún caso se estendan máis alá do exercicio financeiro 2018.
Tipos de plans
Os plans de reestruturación e reconversión poderán ser de dous tipos: colectivos (constituídos por un mínimo de 5 viticultores) ou individuais. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida no marco dun plan será de, polo menos, 1 hectárea para os plans colectivos e 0,5 hectáreas para os plans individuais. A superficie máxima elixible será de 15 hectáreas por viticultor e ano de convocatoria. A porcentaxe máxima de axuda sobre o importe dos investimentos finalmente aprobados será do 50% para os plans colectivos, e do 35% para os plans individuais.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.