Notas de prensa

FRUGA acusa á Xunta de non pagar as axudas da PAC da campaña 2014

Descoñécense os criterios que está a seguir a Consellería do Medio Rural e do Mara para non pagar as axudas da PAC 2014.

O pasado dia 16 de outubro o Ministerio de Agricultura español, por medio do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) transferiu aos Organismos Pagadores das Comunidades Autónomas aproximadamente 2.400 millóns de euros para proceder ao pagamento anticipado das axudas directas da PAC correspondentes á campaña 2014, loxicamente a Galiza tamén.

O anticipo correspondíase co 50% do importe da axuda e outro 50% tiña de ser pago a partir do 1 de decembro.

A día de hoxe a Federación Rural Galega- FRUGA, ten constancia de que non todas as persoas con dereito a cobrar as axudas da PAC, do ano 2014, teñen cobrado.

Desde a FRUGA descoñecemos cales son os criterios que está a seguir a Consellería do Medio Rural e do Mar para non efectuar os pagamentos nuns casos e noutros si, sen que os e as interesadas saiban os motivos e sen que desde a Administración lle dean explicación de ningún tipo.

Ese diñeiro é das labregas e labregos e non da Xunta da Galiza. As axudas PAC son en moitos casos un complemento económico imprescindível para a sustentabilidade de moitas explotacións.

Segundo o FEGA na campaña 2014 na Galiza presentáronse 34.444 solicitudes e no ano 2013 foran 35.551 que cobraran en total 125.987.901,54 euros. Nas explotacións de leite, segundo informes elaborados por técnicos da Consellería no ano 2011, as axudas viñan supondo un 10% dos ingresos da explotación, mas se a comparación se fai a respecto da marxe líquida as axudas veñen supondo o 50%, e se se compara co lucro ( restando custes de oportunidade) sen as axudas o resultado sería cero ou mesmo negativo.

No caso das explotacións galegas de carne segundo a “Red Nacional de Granjas Típicas” do MAGRAMA, con axudas por vacas aleitantes, esta axuda veñen supor aproximadamente un terzo dos seus ingresos. Neste caso sen axudas directas non se cubrirían os custes efectivos, aínda que non se considerasen os custes de oportunidade o resultado sería cero.

Fica claro que as axudas da PAC para a maioría das nosas explotacións son fundamentais para garantir a súa subsistencia. Subsistencia que está pondo en causa a propia Consellería coa súa política de atraso á hora de pagar estas axudas en tempo e forma.

Desde a FRUGA querémoslle preguntar á Consellería: onde están os nosos cartos?.

Elías Somoza (Coordenador de sectores gandeiros), 2015-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES