Notas de prensa

A Rede de Museos de Lugo acolle o proxecto Olladas 2015: a arte de ser muller

A Rede de Museos de Lugo, os centros artísticos galegos que ofrecen maior visibilidade ás mulleres creadoras coon máis de 100 exposicións de artistas femininas desde 2007, presenta o proxecto Olladas 2015: a arte de ser muller, con dous certames e unha mostra que reivindican a figura de Julia Minguillón, a primeira muller coa Medalla de Belas Artes (1941).

O proxecto ‘Olladas 2015, A arte de ser muller’ inclúe dous certames e unha exposición co obxectivo de dar visibilización das mulleres no eido creativo a través da obra da pintora lucense Julia Minguillón, primeira muller en recibir a Medalla de Belas Artes no ano 1941

Edición 2015: A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0
O deputado delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto coa xerente do da Rede Museística, Encarna Lago, presentaron a edición 2015 do proxecto “A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0”. A proposta desta volta céntrase na obra A miña familia, da artista lucense Xulia Minguillón(Lugo, 1907 – Madrid, 1965) e consiste nunha exposición e na convocatoria de dous concursos, un para artistas e outro para escolares da provincia de Lugo.

EXPOSICIÓN: Olladas á obra “A miña familia” de Xulia Minguillón
A exposición, comisariada por Encarna Lago, inaugurarase o día 5 de marzo de 2015 na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo).
Nela participan proxectos seleccionados previamente, xuntamente cos elixidos na “CONVOCATORIA ABERTA para participar na exposición OLLADAS 2015”

CONCURSO PARA ARTISTAS: CONVOCATORIA ABERTA para participar na exposición OLLADAS 2015

A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial promove esta convocatoria para participar de forma física na exposición Olladas á obra “A miña familia” de Xulia Minguillón para o que se seleccionará un total de 5 proxectos de entre aqueles que recreen a obra de referencia en linguaxes artísticas actuais. Esta exposición xira arredor da obra titulada “A miña familia” de Xulia Minguillón, actualmente exposta na sala monográfica dedicada á artista no Museo Provincial de Lugo.

»Prazos: do 20 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2015
»» Obra. A miña familia, Xulia Minguillón
»» Bases CONVOCATORIA ABERTA para participar na exposición OLLADAS 2015

CONCURSO PARA ESCOLARES: Bases I Concurso Olladas 2015 para escolares: A miña familia, antes e agora

A vicepresidencia primeira, a área de Cultura e Turismo e a Rede Museística da Deputación de Lugo, co obxectivo de fomentar a participación, os valores da convivencia e a expresión artística convocan o «I Concurso Olladas 2015 para escolares: A miña familia, antes e agora», para que o alumnado que cursa Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria nos diferentes centros de ensino existentes na provincia de Lugo, elabore un traballo dixital que servirá de deseño para difundir as actividades do Día Internacional dos Museos 2015 nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.

»Prazos: do 26 de xaneiro ao 30 de abril de 2015
»» Obra. A miña familia, Xulia Minguillón
»» Bases I Concurso Olladas 2015 para escolares
» Formulario (non dispoñible ata o 26 de xaneiro de 2015)

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2015-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES