Notas de prensa

Recepción aos campións de España en Rallye de Asfalto e ao gañador da Copa Suzuki Swift

O secretario xeral para o Deporte recibiu aos campións de España en Rallye de Asfalto e ao gañador da Copa Suzuki Swift. Lete Lasa celebra que as novas victorias do automobilismo galego contribúan á boa imaxe que o noso deporte proxecta no exterior. Agradece o estímulo de superación e ilusión que deportistas como os irmáns Sergio e Diego Vallejo e Adrián Díaz trasladan á sociedade galega, a través dunha modalidade de longa tradición e apoio social na nosa comunidade.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, felicitou aos recén proclamados campións de España nas probas de Rallyes de Asfalto 2014, os irmáns Sergio e Diego Vallejo, da Escudería Ourense, así como a Adrián Díaz, da Escudería Miño-Lugo, que conquistou a Copa Suzuki Swift.

Na recepción celebrada na delegación da Xunta en Lugo, Lete Lasa amosou a satisfacción que supón para o goberno galego constatar os bos resultados competitivos que os nosos deportistas están a acadar en moi diversas modalidades nas últimas tempadas, tanto a nivel nacional como internacional, e celebrou que o automobilismo sexa unha delas, tendo en conta a longa tradición e apoio social que este deporte atopa na nosa comunidade, na que se celebran tres das dez probas aos que tiveron que enfrontarse os tres deportistas galegos para acadar os seus novos títulos, é dicir, o Rallye Rías Baixas, o Rallye de Ourense e o Rallye de Ferrol.

Sergio Vallejo como piloto e o seu irmán Diego como copiloto acadaron a pasada fin de semana o primeiro posto no Rallye Comunidad de Madrid - Race, a última das dez probas so Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2014. Pola súa parte, Adrián Díaz tamén participou na carreira madrileña, ao tratarse da sétima e última das probas puntuables para a Copa Suzuki Swift e nela obtivo a primeira clasificación, contando como copiloto coa santanderina Sara Fernández.

Lete Lasa rematou a súa intervención agradecendo o estímulo de superación e ilusión que deportistas como eles trasladan á sociedade galega, á vez que proxectan os mellores valores de Galicia no exterior.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-11-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES