Notas de prensa

Investiranse case 130.000 euros na restauración das torres de San Martiño Pinario

A Xunta destina máis de 126.000 euros á restauración da torre do campanario do Mosteiro de San Martiño Pinario, un ben de gran significado para Santiago de Compostela, tanto polo seu valor cultural como polo seu tamaño xa que é un dos edificios relixiosos máis grandes do Estado.

A Consellería acometerá as obras de ampliación do CEIP Montes dos Postes, moi demandadas tanto pola comunidade educativa como polo propio goberno municipal. En palabras do conselleiro “O Mosteiro de San Martiño Pinario é un inmoble de valor cultural de primeiro orden e de senlleira relevancia e importancia no conxunto histórico de Santiago. Polo tanto, cremos que é necesario facer un esforzo económico, moi significativo nestes tempos, para garantir o seu mantemento”.

Así llo comunicou o conselleiro, Xesús Vázquez Abad, ao alcalde, Agustín Hernández, no transcurso dunha reunión celebrada no Pazo de Raxoi na que participaron tamén o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua. Neste sentido o titular do departamento de Cultura da Xunta explicoulle ao rexidor compostelán que a Consellería xa redactado o proxecto da intervención e está en disposición de iniciar a licitación da obra, que ten como obxectivo recuperar os pináculos que se derrubaron como consecuencia do impacto dun lóstrego.

Actuacións previstas

O impacto dun lóstrego provocou o derrube parcial da estrutura da torre do mosteiro e desperfectos na cuberta e salas interiores. O obxectivo da actuación que se vai acometer inclúe a limpeza xeral das fachadas e da balaustrada, a desalación da cantería do interior do cupulín, ao tempo que se reconstruirá o pináculo que coroa o mesmo, e se levará a cabo unha consolidación superficial da fábrica de granito e a hidrofugación da pedra.

Ademais restaurarase o rexuntado en todas as fachadas do campanario, o mesmo que a cruz e a veleta, que logo serán repostas, recomporanse os pináculos da balaustrada e reparase os sillares con perdida de masa.

A maiores substituiranse os elementos de madeira que conforman as dúas estruturas de madeira do campanario ao igual que as varandas de ferro que están situadas na planta do primeiro corpo. Para rematar, tamén se colocarán as grapas nas balaustradas.

San Martiño Pinario está constituído por unha igrexa e un mosteiro, de planta complexa, froito dunhas obras que duraron tres séculos. As dependencias principais están ao redor de catro patios. Exteriormente ten tres fachadas. O flanco norte constitúe a igrexa monacal e os seus anexos. O edificio está constituído por un corpo central alongado, pechado por dúas torres. Actualmente acolle as dependencias do Arquivo Histórico Diocesano ao tempo que é a sede do seminario maior da Arquidiócese de Santiago de Compostela.

Monte dos Postes

Segundo o comprometido na reunión, a Consellería realizará as obras de ampliación do CEIP Monte dos Postes co obxectivo de que estean listas para o inicio do curso 2015/2016.

Os traballos, segundo explicou Vázquez Abad, consistirán na creación de 4 aulas novas e na instalación dun ascensor que mellore a accesibilidade ao centro. Estas actuacións completan ás xa realizadas no CEIP polo departamento educativo da Xunta de Galicia, que ascenden a preto de 176.000 euros, grazas ás que se renovou a cuberta, se acondicionou a antiga vivenda do conserxe como comedor -dotando tamén de calefacción a este espazo- e se mellorou o aseo de infantil. A Consellería ten ademáis dotado a este colexio, que é plurilingüe, dun auxiliar de conversa e de 4 aulas Abalar.

O conselleiro quixo aproveitar a ocasión para agradecer al Concello de Santiago o traballo realizado para términos os centros listos para ó comenzó de curso este mes de setembro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-09-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES