Notas de prensa

Nace a Fin de Semana de Fútbol Feminino para normalizar a práctica desta modalidade entre as galegas

Ponse en marcha a I Fin de Semana de Fútbol Feminino, co que se pretende recoñecer e poñer en valor o fútbol feminino galego, ademais de promover esta modalidade deportiva entre as mulleres. Este certame terá lugar nas localidades de Pontevedra e Poio desde o venres 22 ao domingo 24 de agosto, organizado por Galifútbol.

Na presentación, Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte salientou o positivo efecto deste certame no fomento da igualdade de xénero na modalidade deportiva máis estendida socialmente a nivel de afección, especialmente tendo en conta que, “se ben cada vez son máis as mulleres interesadas e seguidoras deste deporte como espectáculo, desde o punto de vista da práctica deportiva e da competición, a presenza masculina segue a ser claramente predominante, e queda por tanto un longo camiño por percorrer”, afirmou.

Na súa opinión, eventos como o presentado hoxe, no que se combinan actividades competitivas e lúdicas ao redor do deporte, así como a formación e o debate dos aspectos técnicos e de adestramento, son os que contribúen “á mellora do deporte galego, á promoción do noso deporte base, e á extensión da actividade física e dos hábitos de vida saudable en todos os grupos de poboación”, obxectivo este último que se corresponde co do Plan Galicia Saudable que impulsa o goberno galego desde a Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración con entidades públicas e privadas de toda Galicia.

Neste sentido, o titular de Deportes da Xunta lembrou os esperanzadores datos da enquisa sobre hábitos de actividade física e deportiva dos galegos realizada ao amparo do Plan Galicia Saudable, no que se reflicte non só o crecemento da práctica deportiva nos últimos anos, senón tamén a redución de distancias entre a porcentaxe de homes –tradicionalmente superior- e de mulleres que fan deporte, engadindo o seu desexo de que a promoción do fútbol feminino axude a seguir mellorando estas cifras.

I Fin de Semana de Fútbol Feminino

A I Fin de Semana de Fútbol Feminino abrangue unha ampla variedade de actividades ao redor do fútbol, tanto de carácter lúdico como técnico e competitivo, dirixidas ao diversos públicos, incluídos os máis pequenos.

No apartado competitivo destaca o Triangular Concello de Poio de Fútbol Feminino, que terá lugar o venres ás 20:00 horas, no Campo Municipal de Seca, e no que participarán o Sárdoma C.F. (2ª División), o C.D. Valladares (Liga Galega 1º División.) e o Atlético de Madrid (1ª División).

O domingo celebrarase o I Torneo Internacional Fútbol Feminino, que arrincará ás 10:00 da mañá nos Campos da Xunqueira de Pontevedra, e no que xogarán o Cidade de Pontevedra C.F. (Liga Galega 2ª División), o Club Atlético de Madrid (1ª División Nacional), o U.D. Barbadás (2ª División Nacional), o Victoria C.F. da Coruña (2ª División Nacional), a Atlética Arousana, de Vilagarcía de Arousa (Liga Galega 1ª División), o equipo vigués F.V.P.R. El Olivo (2ª División Nacional), o C.F. Bértola, de Vilaboa (2ª División Nacional), e o Boavista F.C., de Oporto (1º División portuguesa).

No que respecta ao ámbito formativo e técnico, na mañá do sábado desenvolverase o Iº Congreso de Fútbol Feminino, no que intervirán Charlie García, adestrador do F.V.P.R. El Olivo; Lola Romeu, presidenta do Club Atlético de Madrid Feminino; Natalia Astraín, adestradora da Superliga Feminina (1ª División), e Pilar Neira, seleccionadora galega de fútbol feminino. O encontro rematará cunha mesa redonda, moderada polo xornalista Terio Carrera, na que participarán a federación, representantes de clubs, xogadoras e adestradores, e na que se tratará de buscar vías de crecemento para as áreas do fútbol feminino.

Gabinete de comunicación da Xunta de Galicia, 2014-08-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES