Notas de prensa

O presidente da Xunta destaca o papel do Comité das Rexións da Unión Europea

O xefe do Executivo galego considera este órgano como "voceiro do desexo" dos territorios de non perder a súa idiosincrasia e "da ansia" de que o proxecto europeo avance cara a unidade, a coordinación e a solidariedade en Europa.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou o papel do Comité das Rexións como “actor principal da construción europea” ao representar dous vectores “esenciais”: por un lado, explicou, por ser “voceiro do desexo de comunidades autónomas, estados, provincias ou rexións de non perder a súa idiosincrasia, de continuar deixando a súa impronta no gran mosaico europeo”; e por outro, ao reflectir “a ansia” de que o proxecto de Europa avance cara a unha maior “unidade, coordinación e solidariedade”.

Así o sinalou durante a presentación do presidente do Comité das Rexións e da Comunidade Autónoma de Murcia, Ramón Luis Valcárcel, na inauguración da xornada ¿Por que nos importa Europa? O futuro das rexións na Unión Europea. Un acto que Feijóo aproveitou para destacar que a etapa do Comité das Rexións con Valcárcel á fronte, foi “especialmente frutífera” por canto que o Marco financeiro plurianual da Unión Europea se aprobou cun destacado protagonismo do Comité; se subscribiu o acordo entre o Comité das Rexións e o Parlamento Europeo, en xaneiro deste ano; ou se ten impulsado a Carta Europea da Gobernanza Multinivel, que recolle unha maior presenza das rexións.

Na súa intervención, Feijóo incidiu en que o máis grandioso do europeísmo é que non anula as identidades, senón que as agrupa e enriquece. “A identidade dun europeo calquera adquire forma de círculos concéntricos sen que ningún dos seus patriotismos exclúa a outro”, afirmou, lembrando que “se é europeo sendo español, galego e murciano”, porque non é necesario elixir entre unha pertenza ou outra xa que “todas elas se potencian”.

“O anacrónico nos nosos tempos é precisamente ese patriotismo que illa e enemista”, advertiu, lembrando que a moderna idea europea “nace como antídoto dos nacionalismos que precisan buscar inimigos para alimentar a súa retórica”.

“O europeísta abre pontes, tende a man, estreita a colaboración”, afirmou Feijóo incidindo en que se Europa segue a ser atractiva é, fundamentalmente, porque “se ten convertido nun espazo de paz, de convivencia e desenvolvemento sen parangón no mundo”.

Nesta liña, lembrou a contribución do Comité das Rexións a este obxectivo desde que se constituíu como un dos “piares institucionais” da Unión Europea, posto que, aseverou, “representa un recordatorio de onde procede Europa e de onde ten Europa as súas raíces”.

O presidente da Xunta concluíu a súa intervención destacando a experiencia de Ramón Luis Valcárcel; unha experiencia que segundo afirmou lle serviu para saber que o mundo é global e que se unha rexión ten as portas abertas a Europa e ao mundo terá máis oportunidades que se só se mira a si mesma.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES