Notas de prensa

Os deportistas galegos que aspiran ás Olimpiadas Río 2016 terán apoio público

Unha inxección económica dalgo máis de 7 millóns de euros servirá para apoiar desde a Administración pública galega a participación dos deportistas galegos que aspiran a estar nos Xogos Olímpicos de Río en 2016. A financiación pública repartirase entre as 60 federacións deportivas galegas.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, durante a rolda de prensa do Consello, o “apoio estable” para os deportistas galegos que aspiran a participar nos Xogos Olímpicos Río 2016 co obxectivo de que poidan facer “o mellor papel posible” na cita olímpica. “Aprobamos unha Lei do deporte que protexe e incita a maioría dos galegos a que practiquen deporte no seu día a día como afeccionados, pero isto non significa que non teñamos que seguir acompañando de forma específica aos deportistas profesionais, e de maneira especial, aos mellores deportistas que ten Galicia”, dixo para explicar o impulso dos convenios coas federacións deportivas.

Deste xeito, Feijóo avanzou a aprobación dunha inxección económica de 7,1 millóns de euros que se repartirán entre as 60 federacións deportivas recoñecidas “para facilitar e fomentar o acceso da cidadanía ao deporte federado”. Destacou que este programa inclúe como principal novidade –e con vistas aos xogos de Río 2016- a sinatura de convenios plurianuais coas 14 federacións deportivas galegas con maiores posibilidades de participar nos vindeiros xogos: piragüismo, taekwondo, remo, vela, atletismo, loita, judo, natación, tríatlon, ciclismo, tiro con arco, rugby, tiro olímpico e tenis.

Así mesmo, e sen abandonar outros aspectos de colaboración, precisou que estes convenios plurianuais se centrarán na realización dos programas de promoción, tecnificación e alto rendemento para as respectivas modalidades deportivas destas 14 federacións, durante o período de preparación olímpica dos anos 2014, 2015 e 2016, ascendendo a dotación total desta medida a 4,84 millóns.

O presidente da Xunta destacou tamén o apoio do Goberno galego ás actuacións que cada ano desenvolven as federacións como: competicións, fomento do deporte feminino e da respectiva modalidade deportiva entre persoas con discapacidade e a actividade deportiva en idade escolar.

“E, ademais actuamos para contribuír á preparación dos deportistas galegos que poden participar nos Xogos”, incidiu, e engadiu que este apoio dota de “estabilidade” a actividade das federacións deportivas para que preparen os xogos entre o ano 2014 e o ano 2016 sen preocuparse da dotación económica de cada ano e comprometendo e blindando 4,8 millóns de euros para o ano 2014, 2015 e 2016”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES