Notas de prensa

Presentouse na Deputación a V Xuntanza do Automobilismo Lucense

Arredor de 40 pilotos se presentarán ante a súa afección este sábado, 15 de marzo, nas inmediacións do Pazo Provincial dos Deportes. Mario Outeiro destacou que este evento “pon en valor o deporte do motor e tende lazos unindo a pilotos, copilotos, mecánicos, axudantes e colaboradores e a toda a afección”.

O delegado da area de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, e a vicepresidenta da Escudería Miño, Maite Vilanova, presentaron, no salón de actos do Pazo de San Marcos unha nova Xuntanza do Automobilismo Lucense, que na súa quinta edición terá lugar este sábado, 15 de marzo, durante toda a xornada no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo e a súa explanada de aparcadoiro. Na presentación desta V Xuntanza do Automobilismo Lucense tamén estiveron presentes varios pilotos lucenses, entre eles Pedro Burgo e Juan López, cos seus vehículos de competición na praza de San Marcos.

Esta actividade, que segundo Mario Outeiro “pretende poñer en valor o deporte do motor, así como resaltar a relación social que une a pilotos, copilotos, mecánicos, a multitude de axudantes e colaboradores e a toda a grandísima afección que fan posible a realización de moitos eventos ao longo de todo o ano”, está organizada de novo pola Escudería Miño coa colaboración da área de Deportes da Deputación de Lugo.

Tal e como indicou Mario Outeiro, “este evento permite que entren en contacto a moitas persoas do mundo do motor, que poñen en común as súas experiencias e crean lazos de unión nun día máis festivo que competitivo e no que tamén senten o apoio de toda a afección. Tamén é un día de presentación dos novos pilotos que tomarán a saída durante a tempada polo que constitúe unha importante oportunidade para darse a coñecer. Somos conscientes de que o mundo do motor move moita xente en Lugo e isto é unha xornada por e para eles”.

“Desde a área de Deportes da Deputación de Lugo, - continuou Outeiro- a colaboración co mundo do motor abrangue a todas as partes: cos equipos e escudarías a través da liña de axudas en concorrencia competitiva, cos pilotos a través das axudas para deportistas individuais e de maneira concreta no patrocinio das diversas probas que se celebran por toda a nosa xeografía”.

Esta nova edición da Xuntanza do Automobilismo lucense vai ofrecer a todas as persoas que se acheguen ao Pazo de Feiras e Congresos a posibilidade de ver de preto, durante a mañá e toda a tarde do vindeiro sábado, a arredor de 40 equipos cos seus vehículos e todo o equipo técnico dos equipos lucenses de rallys de asfalto, de montaña, todoterreo, históricos, velocidade e slálom de cara á nova tempada que comeza. A partires das 10 da mañá os equipos xa terán montado os seus stands nas inmediacións do Pazo e estarán abertos á visita do público e prensa. Entre as 16:30 e 17:00 horas as autoridades visitarán os diversos equipos e xa a partires das 17:00 horas os vehículos realizarán a súa presentación e un slálom espectáculo.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, 2014-03-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES