
O xoves 6 de marzo presentouse na Casa da Cultura de Sarria a
exposición MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego-poeta obreiro que, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, conta co apoio do
Concello de Paradela, Concello de Lugo, Deputación Provincial
(Vicepresidencia 1ª) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta
de Galicia. E, neste caso, para a súa exposición en Sarria, coa
colaboración do concello sarriano.
A mostra, aberta o pasado 28 de febreiro, pode verse na Casa da Cultura
de Sarria ata o próximo 15 de marzo, pasando a continuación á Casa da
Cultura de Portomarín.
Neste acto de presentación en Sarria participaron o Secretario Xeral de
Política Lingüística, Valentín García; os alcaldes de Paradela (José Manuel
Mato) e Sarria (José Antonio García López), a viuva do escritor (Irene
López) e Antonio Giz, director de Galicia Digital.
A Mostra está formada por 8 paneis dobles nos que se expoñen de xeito moi gráfico anacos da vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do seu concello natal. Chega esta exposición itinerante a Sarria, capital da comarca á que pertence Paradela, despois de poder contemplarse en Paradela, Lugo (Museo provincial) e Begonte (Casa da Cultura). Inmediatamente despois trasladarase a Portomarín (2ª quincena de marzo), para logo ser exposta en Santiago, e en Cataluña, terra na que o escritor escribíu a maior parte da súa obra.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.