Manuel Baltar falará no Fórum Nueva Economía sobre Os gobernos provinciais do século XXI
Esta é a terceira ocasión na que Manuel Baltar é convidado a protagonizar esta tribuna de debate. As dúas anteriores foron en 2012 e 2010, unha delas sendo xa presidente da Deputación de Ourense e a outra como presidente do Partido Popular de Ourense e vicepresidente do Parlamento de Galicia. Na súa intervención de 2012, titulada Novos tempos, novas deputacións, foi presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e nela Baltar defendeu o papel das deputacións e reclamou "unha triple reforma para que gañen en proximidade ao cidadán e sexan máis operativas", reformas que pasarían polo sistema de elección, polo ámbito competencial e polo financiamento.
Baltar salientou a constitucionalidade da provincia e do seu goberno e propuxo que este sexa elixido directamente polos cidadáns. Hai que falar de política provincial, facer campaña electoral provincial, e con candidaturas para dirixir ese goberno encabezadas polo aspirante a presidilo. Só cumpriría poñer dúas urnas na mesa electoral: unha para elixir aos representantes no goberno local e outra para elixir ao goberno da provincia", dixo Manuel Baltar.
En 2010, Baltar reflexionou no seu relatorio sobre a presenza de independentes nas candidaturas electorais e apostou pola reforma do réxime de incompatibilidade que, na súa opinión, dificulta a entrada nas listas de persoas alleas á política, avogando porque debería haber un gran pacto entre partidos que permita atraer á política a persoas que non son profesionais da política, sen esixirlles afiliación. Baltar defendeu tamén o "localismo" fronte ás connotacións pexorativas coas que habitualmente se asocia a defensa do local, así como a política con "criterio propio", e subliñou a importancia das deputacións e destacou a contribución do PP de Ourense ao PPdeG.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.