O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente do CÃrculo de Xóvenes Empresarios de Ourense, Lois Babarro Alén, para analizar temas relacionados co emprendemento, a economÃa e o emprego na provincia de Ourense.
Lois Babarro entregoulle ao presidente provincial a memoria e o plan de traballo da organización empresarial, na que da conta dos obxectivos da mesma, coincidentes en gran parte coa filosofÃa de actuación da Deputación de Ourense en materia de cooperación para impulsar a actividade económica e empresarial.
Baltar convidou á organización a que poida facer as súas achegas para o Observatorio Económico Ourensán, ofrecemento que tamén estendeu ao Plan Termal “porque estamos a falar de desenvolvemento económico e o termalismo é un dos piares importantes da nosa economÃa pola súa singularidade”, explicou presidente provincial.
Tamén analizaron na xuntanza o foro de cooperativismo e autoemprego no medio rural que, dentro do Plan "Transforma Ourense", poñerá en marcha a deputación nas comarcas da provincia de Ourense, apostando polo emprendemento e por fórmulas de éxito para a xeración de emprego como poden ser o cooperativismo e o propio autoemprego.
Precisamente, Baltar amosouse aberto ás propostas que poida achegar o CÃrculo de Xóvenes Empresarios de Ourense ben a través do Inorde ou da propia deputación e que contribúan a dar un impulso ao empredemento e a dinamizar a nosa economÃa, e, neste senso, Baltar afirmou que os xóvenes empresarios “terán voz no Plan Transforma Ourense”, xa que polo feito de ser un plan para emprededores teñen un protagonismo especial, “que se verá reflectido nas medidas que o plan contempla para o desenvolvemento económico da provincia como é o acordo asinado recementemente coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria”. Segundo este acordo, destinaranse máis de 200.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que melloren a competitividade das empresas ourensás e para un programa de bolsas para titulados universitarios. Isto permitirá darlle un pulo importante ás pequenas e medianas empresas da provincia de Ourense, coa finalidade de mellorar a innovación das pemes e incrementar a súa competitividade, asà como favorecer a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica e potenciar o tecido empresarial ourensán.
Na xuntanza, tamén se referiu Baltar ao convenio asinado recentemente co Incyde e coa Cámara de Comercio de Ourense para a creación e consolidación de empresas nos ámbitos agrÃcola e forestal e o fomento do cooperativismo, o que permitirá situar á provincia de Ourense como a primeira de España en poñer en marcha un proxecto formativo destas caracterÃsticas, polo cal xa se teñen interesado outras Cámaras españolas, que servirá para impulsar iniciativas emprendedoras en xestión agrÃcola e forestal.
Outra das importantes achegas do Plan "Transforma Ourense" da que tamén poderán ser partÃcipes os xóvenes empresarios é o Plan de internacionalización e axuda ás empresas de Ourense que está a levar a cabo o Inorde co obxectivo de analizar diferentes rexións e paÃses nos que poidan existir oportunidades de negocio para empresas ourensás en mercados en pleno crecemento e cunha forte demanda de produtos e servizos que as nosas empresas poden ofrecer.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.