Notas de prensa

Xantar destaca o cooperativismo como fórmula empresarial frente á crise

Expourense acolle a feira gastronómica internacional Xantar 2014 na que atopou un lugar destacado o fomento do cooperativismo como fórmula empresarial para afrontar os tempos de crise. A Festa do Bonito de Burela gaña o concurso de cartaces.

Xantar afronta o ecuador da súa 15ª edición, a primeira como feira internacional, celebrando o día adicado ó Turismo e tamén ó Cooperativismo, contando para elo coa presenza da directora xeral de Turismo, Nava Castro, do director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, e coa directora xeral de Comercio, Sol Vázquez. Tamen foi o día adicado a Ponte de Lima, á Mancomunidade Turística Terras do Avia e ó concello de Parada de Sil.

Durante a súa intervención a Nava Castro resaltou a importancia da actividade cooperativizada para o desenvolvemento económico e social do territorio, así como as potencialidades da gastronomía como reclamo turístico e das manifestacións culturais e etnográficas como elementos diferenciadores do destino. Pola súa parte, Odilo Martiñá falou das potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego, un modelo que conta en Galicia con máis de 90.000 socios e comentou ademais que en 2013 naceron na comunidade 54 novas cooperativas.

O acto central do día incluíu tamén a entrega de premios do Concurso de Cartaces de Festas Gastronómicas de Galicia, que foi recaer en tres festas de Interese Turístico. O terceiro premio foi para o Entroido de Xinzo, o segundo para a Festa do Ourizo de San Cibrao de Cervo e o primeiro para a Festa do Bonito de Burela.

Neste día adicado ás cooperativas foron protagonistas as 10 empresas que participan no stand do Consello Galego de Cooperativas e que están a mostrar as súas experiencias prácticas e expor os froitos da terra e do mar, obtidos con todo o coidado dos métodos artesáns, mellorados con procedementos innovadores e envasados coa tecnoloxía máis actual. Entre estes stands, entre outros, pódese atopar dende xeados artesáns feito con crema de leite ecolóxica ou viños elaborados sen produtos químicos ata carne e outros produtos de Galo Celta con etiqueta Halal que a cooperativa vai comezar a distribuir en Dubai para o mercado árabe. Estas cooperativas ofreceron ademais unha degustación de distintos pratos elaborados cos seus produtos polos alumnos do IES Vilamarín.

Dentro das actividades profesionais de hoxe destacaron os obradoiros de cociña en directo que incluiron un sobre cociña ó baleiro e pre-elaboracións impartida polo Centro Superior de Hostalería de Galicia e o de pesca artesán e produtos ecolóxicos maridados con viños da D.O. Monterrei. Neste último empregáronse produtos adscritos á marca de calidade pescadeRías, unha iniciativa da Consellería de Medio Rural e do Mar que ten o obxectivo de protexer e promocionar os produtos mariños procedentes da pesca artesán e sostible.

Vencellado coa promoción turística, o INORDE presentou hoxe a súa nova campaña “Galicia a todo tren” e Parada de sil presentou unha guía sobre este concello da Ribeira Sacra convertido nun exemplo de cómo dinamizar os recursos autóctonos para convertelos en reclamos turísticos.Tamén houbo unha cata de viños da nova adega creada neste concello.

Entre as actividades previstas para esta tarde destacan o Capítulo Extraordinario da Sociedade gastronómica Internacional de orixe francesa Chaîne des Rotisseurs e o showcooking con sidra maeloc de Hijos de Rivera impartido polo chef Flavio Morganti.

Reunión do Cluster de Turismo de Galicia

No marco de Xantar celebrouse a primeira reunión do comité executivo do Cluster de Turismo de Galicia, constituído o pasado mes de decembro. Durante esta sesión de trabajo abrodaron, entre outros temas, as actuacións realizadas polo Cluster durante o pasado FITUR, o deseño das liñas de traballo do Cluster para o presente ano e a posta a disposición dos primeiros servizos para as empresas asociadas, especialmente aquelas vencelladass coa incorporación das tecnoloxías da información.

Gabinete de Comunicación de Expourense, 2014-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES