Notas de prensa

Presentadas 11 ofertas para comprar accións do Breogán

Os catro novos membros do Consello de Administración do club, que tomaron hoxe posesión do cargo, aúnan na súa traxectoria unha forte vinculación co mundo do deporte provincial, e solvencia técnica e económica na xestión pública.

A Deputación de Lugo recibiu 11 ofertas para a compra de accións do CB Breogán, a tres días de que remate o prazo de presentación de solicitudes. Así o deu a coñecer a institución provincial na reunión do Consello de Administración do club que tivo lugar esta mañá no Pazo de San Marcos, durante a que tomaron posesión os catro novo membros do Consello. Trátase de catro persoas que aúnan na súa traxectoria persoal e profesional unha forte vinculación co mundo do deporte provincial, e co baloncesto en particular, mais unha solvencia técnica e económica contrastada na xestión pública.

Trátase de:
- José Mourelle Cillero: secretario xeral da Deputación de Lugo, é o novo secretario do Consello de Administración do Breogán. Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas, así como master en Administración Pública, é tamén profesor de Dereito Administrativo na UNED, e conta cunha dilatada experiencia ó servizo das institucións públicas.
- Rosa Abelleira, interventora do organismo provincial. Ten tamén cunha longa traxectoria na Administración Pública. Licenciada en Económicas e Dereito, e auditora de contas, exerceu a súa labor funcionarial no Concello de Lugo entre 1986 e 2008, ano dende o que é interventora na Deputación de Lugo.
- Alberto Fernández Fraga: ó que se lle delegan as funcións no ámbito deportivo do Breogán. Fernández Fraga foi responsable da área social do Breogán, ademais de xerente e coordinador da parte social do Azkar, unha persoa totalmente integrada no mundo deportivo lucense, e un perfecto coñecedor do mesmo.
- Alfonso Orol: ocuparase da área de Relacións Sociais e Institucionais do club. Persoa vinculada dende fai 44 anos ó baloncesto lucense, ó que comezou a xogar na infancia, formando parte de diversos equipos como os dos Hermanos Maristas, Estudiantes, Liga Universitaria, ATB e Liga Senior. Afeccionado fiel ó Breogán dende neno, contou con adestradores recoñecidos como Tito Díaz, Paco Basanta ou Juan Corral.

Do Consello de Administración seguirán formando parte, en representación dos tres grupos políticos con presenza na corporación provincial: Xosé Manuel Arias, por parte do Partido Popular; Ãlvaro Santos, polo PSOE; e Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, polo BNG.

Compra de accións pola propia entidade breoganista

Ademais da toma de posesión dos seus novos membros, que deberá ser ratificada pola Xunta Xeral do Breogán, o Consello tamén acordou na reunión de hoxe a presentación dunha oferta para a compra de accións ata o límite legal do 20% máximo da xestión de autocarteira, é dicir, a propia entidade deportiva terá a posibilidade de comprar unha parte das accións que posúe a Deputación. Con esta medida, o organismo provincial garante que o Consello de Administración teña o respaldo accionarial que calquera sociedade mercantil precisa.

Encontro coa plantilla

Os novos membros do Consello de Administración teñen previsto manter un encontro coa plantilla no Pazo dos Deportes para presentarse, trasladarlles, a eles e a afección, unha mensaxe de tranquilidade sobre a viabilidade e futuro do club, ademais de transmitirlles os principais retos que teñen fixados. Neste senso, a dirección do club márcase dúas prioridade fundamentais. Por un lado, que o Breogán manteña os bos resultados deportivos da tempada e siga sendo un club gañador, e, por outro, que sexa unha entidade saneada economicamente. Neste senso, a Deputación lembra o importante traballo realizado polo actual goberno provincial, pois en 2007 a entidade estaba en quebra técnica, e hoxe é un club sen ningunha débeda e totalmente viable.

Coa saída do Breogán, a Deputación está a cumprir un compromiso político, pois considera que unha Administración pública non debe ser propietaria de clubs deportivos profesionais, pero iso non significa que lle retire o apoio e o compromiso que mantén coa entidade. Deste xeito, a institución luguesa seguirá colaborando, tanto con axudas económicas, como facilitando o uso do Pazo dos Deportes.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2014-01-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear). A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES