O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que a Deputación de Lugo está aberta a ofrecer todas e cantas explicacións sexan necesarias sobre o proceso de venda de accións do Breogán aberto ata o 17 de xaneiro.
Deste xeito, o mércores, 8 de xaneiro, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, manterá un encontro con 3 accionistas do Breogán que, non en representación da masa accionarial, senón de xeito persoal, solicitaron un encontro co titular provincial.
A Deputación respondeu a esta solicitude no mesmo día no que se formulou, onte mesmo, propoñendo ós interesados manter un encontro este venres. Os accionistas comunicaron que no día de hoxe non podían acudir á cita, polo que dende Presidencia se puxeron de novo en contacto con eles, acordando unha nova data: mércores 8 de xaneiro.
Martínez explicou que co fin de evitar a deslocalización do club, a Deputación limita o número de accións á venda, e prioriza a socios fundadores, accionistas e abonados. Estamos comprometidos co Breogán, polo que investimos 1 millóns de euros este ano, e apostamos por un Breogán gañador, con futuro e propiedade de todos os lucenses, remarcou.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.