Notas de prensa

Preséntase o calendario 2014 dos Campións Galegos co apoio de Coca-Cola

Repártese neste Nadal e mostra as fotos de grandes deportistas galegos de elite con axudas DGAN (Deportistas Galegos de Alto Nivel) que agora canalízanse polo programa Galicia-Río 2016.


A presentación contou coa presenza de José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, e María Sande, relacións externas da empresa Coca-Cola
A Secretaría Xeral para o Deporte e Coca-Cola presentan o calendario 2014 “Campións galegos”

Ao acto asistiron deportistas como Ramiro Amarelle, campión de liga europea de fútbol praia 1999, 2008 e 2009; Victor Castro Mariño, prata no campionato de Europa Sub 23 2013; Víctor Bouza, 3º posto no campionato de Europa Sub 20 de Volei Praia 2009; Martín de la Puente e Félix García, subcampións do mundo junior 2013 de Tenis en cadeira de rodas, e María Vilas, campiona de Europa Junior de Natación no 2011 e 2012
Volver
ReadSpeaker

Imaxe do calendario Campións galegos
Imaxe do calendario Campións galegos

Santiago, 19 de decembro de 2013.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e María Sande, relacións externas da empresa Coca-Cola presentaron, esta tarde, o Calendario 2014 “Campións Galegos”, dentro do convenio de colaboración que ambas as dúas entidades manteñen dende hai máis de tres años.

O calendario, que se repartirá neste Nadal, mostra as fotos de grandes deportistas galegos de elite como Ramiro Amarelle, campión de liga europea de Fútbol Praia 1999, 2008 e 2009; Victor Castro Mariño, prata no campionato de Europa Sub 23 2013; Víctor Bouza, 3º posto no campionato de Europa Sub 20 de Volei Praia 2009; Martín de la Puente e Félix García, subcampións do mundo junior 2013 de Tenis en cadeira de rodas; María Vilas, campiona de Europa Junior de Natación no 2011 e 2012; ademais de Lidia Mesías, Lara Cacabelos, Manuel Ángel Penas, Alejandro Fernández, María Mariño, Carlos Arévalo, Cristóbal Rodríguez, Borja Golán e Irene Martínez, campións en diversas especialidades como Fútbol Sala, Vela, Natación, Atletismo e outras disciplinas deportivas.

A Xunta de Galicia vén promovendo de xeito continuado o deporte de alto rendemento a través das axudas DGAN (Deportistas Galegos de Alto Nivel) que convoca anualmente a Fundación Deporte Galego, destinadas a apoiar aos deportistas galegos máis destacados no ámbito nacional e internacional, incentivando a súa dedicación ao deporte de alto nivel. Non en van, este ano establecéronse dúas liñas de actuación cun orzamento inicial de 300.000 euros: axudas para deportistas olímpicos e paralímpicos; e axudas DGAN, ambas as dúas convocadas o pasado mes de novembro e actualmente en fase de resolución.

Do mesmo xeito, o compromiso da Xunta de Galicia co deporte competitivo canalízase a través do programa Galicia-Río 2016, coa posta en marcha de accións para axudar aos deportistas cara aos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.

Así mesmo, cómpre subliñar que moitos destes deportistas de elite estanse formando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), un moderno complexo deportivo impulsado pola Xunta de Galicia e que, na actualidade, dá cabida aos principais deportistas e promesas do deporte galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES