Notas de prensa

Recoñécese a Ceferino Díaz coa Medalla de Ouro de Galicia a título póstumo

O presidente da Xunta fixo unha lembranza da figura pública de Ceferino Díaz do que se podía dicir, según Feijóo, que "forma parte dun amplo grupo de políticos que honran á política". Entrega, xenerosidade e responsabilidade foron algunhas das loubanzas ao político lugués.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considerou, durante a entrega da Medalla de Ouro de Galicia a título póstumo a Ceferino Díaz, que a mellor loubanza que del se pode facer “é que forma parte dun amplo grupo de políticos que honran á política”. “Non importa as siglas que representen. É secundaria a ideoloxía que defendan. Refírome aos políticos que, desde distintos partidos, entenden a política do mesmo xeito: como unha ferramenta para recuperar os mellores valores da nosa sociedade”, aseverou.

Feijóo destacou a entrega, a xenerosidade e a responsabilidade coa que este lugués de O Saviñao exerceu no Parlamento de Galicia, e defendeu Galicia en España. Neste sentido, afirmou que a súa é unha traxectoria merecente de ser un modelo para todos os políticos “porque o sentido común, o compromiso con Galicia e con España e a capacidade para establecer unha orde de prioridades axeitado, se impuxeron sempre sobre calquera outra consideración”.

“Por todo iso, se é unha gran verdade que temos que lamentar a perda –demasiado pronta- dun home tan valioso na política galega, tamén o é que temos que felicitármonos por ter podido contar con el e aprender tanto do seu exemplo”, engadiu.

Feijóo salientou que Ceferino Díaz estivo a altura de Galicia e avogou por que recollan o seu testemuño todas as forzas políticas con representación no Pazo do Hórreo, “no que tantas veces o puidemos oír debater, conversar, aportar, ilusionar, convencer e pactar”.

O titular da Xunta rematou a súa intervención lembrando as palabras de Ceferino Díaz con motivo do 30 aniversario do Parlamento de Galicia e pedindo que esas palabras ilustren sempre a vida pública galega: “Ceferino Díaz dixo aquel día que ’. E engadiu: ”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-11-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES