Notas de prensa

Conmemórase o 90º aniversario do futbolístico Real Club Celta de Vigo

O presidente da Xunta de Galicia, que participou na celebración do 90º aniversario do clube de fútbol vigués, destaca a súa historia e a súa tradición, e atribúe os seus éxitos á súa capacidade de unión para medrar e acadar as súas ilusións. O presidente galego tamén desexa ao equipo os mellores resultados nesta tempada que comeza.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a historia e tradición do Real Club Celta de Vigo no seu noventa aniversario e atribuíu os seus éxitos á súa capacidade de unión para medrar e acadar as súas ilusións.

Durante o acto de celebración, Feijóo afirmou que Galicia ten razóns de sobra para amosarse orgullosa do seu deporte. Así, referiuse ás numerosas alegrías dadas ao longo destes anos polo club vigués. Entre outros destacou os máis de cen derbis disputados co Deportivo e agradeceu ao presidente do Celta, Carlos Mouriño, os bos desexos que tivo para o club coruñés.

Feijóo concluíu a súa intervención desexándolle ao equipo a mellor das tempadas e expresando o seu convencemento de que este ano pronto acadará o obxectivo da permanencia e poderá mirar cara metas máis altas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-09-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES