
A representante galega na proba feminina, Bárbara González, acadou a medalla de bronce, mentres que Cortegoso e Boudjenane quedaron fóra dos postos de honra. Mañá celebrarase a modalidade de combate onde Galicia confía en poder acadar máis medallas.
A selección galega está formada polos deportistas Jesús Couso, Cristóbal Boudjenane, María Pilar Suárez, Salvador Banga, Mercé Barrientos, José Luis Moreira, Miguel Cortegoso e Bárbara Rosina González Sanromán, mentres que como técnico viaxa Teresa Lima. Entre os participantes hai deportistas dun moi alto nivel competitivo e tamén destaca a presenza da presidenta da Federación, Mercé Barrientos, que volve aos tapices.
Nesta gran festa do deporte para persoas maiores de trinta anos, con 30 disciplinas, participan un total de 18.000 deportistas. A competición de taekwondo celébrase os días 8 e 9 de agosto, nas modalidades de técnica e combate coa presenza dun equipo da Federación Galega de Taekwondo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.