
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, e mais o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa acompañados do deportista David Cal anunciaron en Pontevedra a colaboración da Xunta de Galicia e mais o piragüista galego en accións de patrocinio publicitario para difundir a marca Galicia.
No acto estiveron presentes tamén representantes doutros patrocinadores do deportista como Amura ou Augas de Mondariz. David Cal, que en breve se trasladará a Brasil para realizar a tempada de entrenamento, agradeceu á Xunta de Galicia a axuda a través desta acción promocional. Do mesmo xeito, o secretario xeral para o Deporte sinalou que este patrocinio é unha oportunidade para Galicia porque queremos que David abra un potencial mercado nun país emerxente como é Brasil, con 200 millóns de habitantes, que acollerá os Xogos Olímpicos de 2016 e mais a Copa do Mundo en 2014.
David Cal Figueroa é o deportista español con máis medallas olímpicas, unha medalla de ouro e catro de prata en tres participacións nos Xogos Olímpicos (Atenas 2004, Pekín 2008 e Londres 2012). No seu haber conta ademais con outras medallas mundiais e europeas. A súa especialidade piragüística son as probas de 500 metros e de mil metros de canoa.
Como deportista galego atópase nunha situación inmellorable para promocionar Galicia mediante a publicidade que a través da marca se realizará nas numerosas regatas nas que participa.
Deste xeito, ademais de apoiar os actos organizados por Turismo de Galicia, sempre que a súa axenda deportiva llo permita, David Cal incluirá a imaxe corporativa establecida pola Xunta de Galicia durante as competicións oficiais agás naquelas nas que participe como membro da selección española- nos seguintes soportes: licras de competición; roupa deportiva de rúa; piragua; fondo das rodas oficiais da piragua.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.