
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, anunciou que a Xunta de Galicia, apoiada pola Deputación de Pontevedra, presentará á Fundación Príncipe de Asturias a candidatura do cangués David Cal ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte 2013.
A extraordinaria traxectoria de David Cal, e que xa foi recoñecida co Premio Nacional do Deporte Don Felipe de Borbón ou coa Medalla de Ouro da Real Orden do Mérito Deportivo, entre outras distincións, entendemos que é meritoria deste galardón, apuntou Lete Lasa, quen referiu, ademais, que neste proceso de preparación da candidatura se están a solicitar os apoios do Comité Olímpico Español, o Consello Superior de Deportes ou as Federacións Galega e Española de Piragüismo, entre outros organismos e institucións.
Os resultados acadados polo deportista son a recompensa ao labor e esforzo realizados durante anos, un orgullo para Galicia; e, ao noso entender, avalan unha sólida candidatura ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte, remarcou José Ramón Lete.
Traxectoria
David Cal Figueroa naceu en 1982 no concello de Cangas do Morrazo. Iniciouse no mundo do piragüismo aos 8 anos e a súa vida deportiva descorreu en torno ao seu club, o Club de Mar Ría de Aldán, e ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Alí traballou con diferentes adestradores desde os 14 anos e coñeceu a súa man dereita e actual preparador, Suso Morlán.
Cal é o deportista español con máis medallas olímpicas, cinco en total, unha de ouro e catro de prata, conseguidas nas citas olímpicas de Atenas 2004, Pekín 2008 e Londres 2012 en dúas categorías C-1 500 metros e C-1 1.000 metros. O seu palmarés inclúe tamén cinco medallas en Campionatos do Mundo e seis en Campionatos de Europa, entre outros méritos.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.