Notas de prensa

Refórzanse as feiras do libro de Galicia con 11 citas e unha ampla oferta en 2013

O novo calendario de feiras do libro de Galicia 2013 inclúe catro eventos máis que en 2012, e amplía o programa de actividades culturais que se desenvolven nestes eventos. Entre abril e agosto celebraranse feiras en Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, Viveiro, Foz, Monforte e Rianxo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, presentaron as Feiras do Libro de Galicia 2013, que amplían a colaboración entre ambas as entidades a catro citas máis que a pasada edición. Ãs localidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo, Viveiro, Ourense e Lugo, súmanse este ano a colaboración na organización das dos concellos de Pontevedra, Foz, Monforte e Rianxo.

Nunha rolda de prensa na Biblioteca Ãnxel Casal de Santiago de Compostela, Vázquez Abad e Rodríguez salientaron o pulo que tanto a Consellería como a Federación lle queren dar este ano ás feiras, que constitúen importantes vías de achegamento cultural para as galegas e os galegos, así como un excelente escaparate para dar a coñecer as novidades editoriais nos diferentes soportes.

Na presentación tamén participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora da biblioteca, Carina Fernández Faya, e o vicepresidente da Federación, Antón Pedreira. Este último foi o encargado de expor polo miúdo as datas nas que se celebrarán as feiras, que comezarán en Ferrol o 19 de abril e que rematarán o 25 de agosto en Monforte.

Aposta integral pola cultura galega

Durante o acto de presentación, o conselleiro sinalou o importante papel das feiras para favorecer a aproximación ao mundo do libro. Neste sentido, Vázquez Abad sinalou como un dos eixos prioritarios do departamento que dirixe “a dinamización da lectura, fundamental para a formación integral dos membros dunha sociedade”. “Os libros educan, informan, tenden pontes para o entendemento, eliminan barreiras e fronteiras. Gañar lectores, polo tanto, é avanzar cara a unha sociedade mellor formada, máis informada e, polo tanto, máis libre”, dixo.

O conselleiro anunciou o novo pulo que o seu departamento e mais a Federación de Libreiros de Galicia que lle van imprimir este ano ás feiras, mediante a sinatura dun convenio de colaboración para o desenvolvemento dun completo programa de actividades culturais, artísticas e de animación de rúa, entre outras, para a dinamización efectiva destes eventos. O obxectivo deste convenio é impulsar, xunto co editorial, outros sectores da cultura galega, a través da aposta polos artistas de base e polas compañías galegas”, salientou o conselleiro.

Apoio aos libreiros

Vázquez Abad destacou tamén a importancia dos pequenos libreiros como axentes fundamentais da industria editorial e puxo en valor o seu labor, máis nestes tempos difíciles, “nos que como representantes que son do pequeno comercio, coñecen ben as dificultades económicas”, e animounos a continuar “nesta tarefa de dinamización cultural” que desempeñan.

Feiras en 11 localidades

As feiras iniciarán o seu percorrido polas catro provincias galegas no mes dos libros. A primeira parada será no concello de Ferrol, do 19 ao 23 de abril. Na capital de Galicia a cita será desde o 27 de abril ata o 5 de maio. No mes das letras tamén será a quenda das feiras de Lugo, do 14 ao 19 de maio, e de Pontevedra, do 21 ao 26. Ourense celebrará a súa feira do libro entre o 4 e o 9 de xuño e posteriormente terán lugar as feiras de Vigo, do 28 de xuño ao 7 de xullo; e de Rianxo, do 25 ao 27 de xullo. No mes de agosto serán as feiras do libro da Coruña, do 1 ao 11; de Viveiro, do 13 ao 16; de Foz, do 17 ao 20; e de Monforte, que pechará a edición de 2013 entre os días 22 e 25.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES