
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria remata o domingo, 30 de decembro, a programación especial de Nadal do Salón Teatro de Santiago con dúas funcións (ás 12.00 e ás 18.00 horas) do espectáculo Trogloditas, unha proposta de actores e títeres para todos os públicos a cargo compañía galega Tanxarina.
Trogloditas é un espectáculo ambientado na prehistoria e no que os seus tres intérpretes Miguel Borines, Eduardo Rodríguez Cunha Tatán e Andrés Giráldez convidan aos asistentes a coñeceren, a través do humor e dos monicreques, o xeito de vida dos homes e mulleres das cavernas.
Dous lanzadores de menhires, un levantador de pedras ou un faquir que atravesa o seu corpo cun tronco, farán a delicia do público asistente, divertindo a grandes e pequenos, O espectáculo, mesturado coa intervención actoral dos tres personaxes condutores da representación, está destinado a público familiar e, especialmente, a nenos e nenas a partir de 3 anos.
Con canas de bambú
Tanxarina é unha das formacións galegas máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques. A relación escénica entre títeres e actores é un dos sinais de identidade da compañía, que adoita combinar nos seus espectáculos distintas técnicas de animación de bonecos co traballo actoral dos propios manipuladores. No caso de Trogloditas utilízanse títeres de varas elaboradas con canas de bambú.
As entradas para estas últimas funcións do ano no espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) estarán só á venda no despacho de billetes do Salón Teatro, que abrirá dúas horas antes do comezo de cada pase. O prezo é de 5 euros por localidade.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.