Notas de prensa

Xaime Subiela, gañador do XII Premio Ramón Piñeiro

A obra “Para que nos serve Galiza?”, do politólogo, consultor, investigador e experto en planificación da lingua e aplicación de políticas lingüísticas no ámbito local, Xaime Subiela, ven de gañar o XII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio promovido pola Xunta de Galicia e Editorial Galaxia.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, deu a coñecer a obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012, que nesta duodécima edición recaeu na obra Para que nos serve Galiza?, da autoría do chantadino Xaime Subiela Pérez.

Na rolda de prensa que tivo lugar tras a xuntanza do xurado, o secretario xeral estivo acompañado polo director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes; pola representante de Gas Natural Fenosa, Amalia Baltar Estévez; e mais por Carlos Lema, como representante do xurado. García Gómez destacou a importancia dos premios Ramón Piñeiro de ensaio e congratulouse “por seguir dándolle continuidade a un proxecto que iniciou hai xa máis de medio século o excelso galeguista que lle dá nome ao Premio, ao incluír a daquela vilipendiada lingua galega no discurso universal do pensamento humano máis elaborado e transformador.”

O premio, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística –a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades– e mais pola Editorial Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa, está dotado con 3.000 € e mais a publicación da obra.

Unha visión optimista de futuro

O xurado do XII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012 valorou de xeito especial a modernidade da análise da situación actual de Galiza e o novidoso da formulación dos retos da sociedade galega de hoxe.

Para que nos serve Galiza? constrúese en torno á idea de buscar alternativas colectivas conciliadoras arredor do concepto integrador de nación; cunha visión optimista de futuro.

O xurado, formado por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros Puente, Encarna Otero Cepeda, Carme Vidal Lage e Carlos Lema, concedeu o premio por maioría e salientou a calidade dos sete orixinais presentados, así como a variedade de temas abordados neles.

Investigador experto na planificación lingüística no eido local

O investigador social e analista político Xaime Subiela é unha persoa de traxectoria destacada no ámbito da política lingüística e da planificación da lingua galega, nomeadamente na súa aplicación no ámbito local. Foi director técnico dos plans de normalización dos concellos de Ferrol e Santiago de Compostela (2001-2003) e director da investigación do Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia do Consello da Cultura Galega (2000-2002).

Impartiu materias e seminarios en diversos mestrados relacionados coa planificación pública -entre eles no Mestrado Interuniversitario en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega organizado conxuntamente polas tres universidades galegas no ano 2008– e coa participación cidadá.

É tamén relator en diversos congresos do ámbito lingüístico e cultural, campos nos que conta con numerosas publicacións de referencia, e colaborador habitual da Radio Galega e da revista Tempos Novos, na que coordinou o Informe Galicia 2010. Neste informe podemos atopar un dos seus artigos máis coñecidos, “O idioma galego; alarmas e esperanzas”.

Unha homenaxe ao galeguista Ramón Piñeiro

O Premio Ramón Piñeiro de Ensaio naceu no ano 2000 en memoria do escritor, filósofo e galeguista Ramón Piñeiro e acóllese ao espírito que inspirou a súa traxectoria intelectual, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega e mais o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES