Notas de prensa

O congreso sobre Paz-Andrade reúne a colaboración da Xunta e a Real Academia Galega (RAG)

Ata o sábado 15 de decembro, algunhas das principais voces expertas nas diferentes facetas de Paz-Andrade analizan a vida e a obra do escritor e empresario homenaxeado nas Letras Galegas 2012. A Xunta e a Real Academia Galega (RAG) colaboran neste evento.

O Congreso Valentín Paz-Andrade, organizado pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Concello de Pontevedra, analiza ata o sábado 15 de decembro a vida e a obra do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.

O Pazo de Congresos de Pontevedra acolleu a inauguración do congreso, que, segundo afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “foi concibido con rigor e cunha intención clara de pechar este Ano Valentín Paz-Andrade cun estudo crítico global da súa figura, que permitirá no futuro contar con bases para seguir afondando no coñecemento das súas actividades e producións”.

O secretario xeral de Cultura tamén tivo palabras de agradecemento para a RAG, polo “esforzo e o traballo da planificación e organización deste congreso”. “Este peche académico –dixo– é o ramo dun ano cheo de actividades, de publicacións e de actos de recoñecemento público á figura de Paz-Andrade nacidos cunha motivación inicial, relacionada tamén coa máxima institución académica da nosa lingua, que é a celebración do Día das Letras Galegas”.

Implicación social na posta en valor dos nosos autores

Respecto desta efeméride, Anxo Lorenzo recordou que naceu “da vontade de dinamización de Fernández del Riego –de quen celebraremos o vindeiro 7 de xaneiro o centenario do seu nacemento– e, que ano tras ano, desde hai xa cincuenta, vén logrando unha maior implicación social para poñer en valor autores e autoras que puxeron o seu traballo ao servizo da lingua e da cultura de Galicia”. “A intención de contribuír á proxección desa difusión, neste caso, de Valentín Paz-Andrade, é a que motiva o apoio da Xunta de Galicia a este congreso e, naturalmente, a un programa amplo de actividades celebradas ao longo deste ano”, asegurou.

O presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, e o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, tamén participaron no acto de inauguración do congreso, polo que durante tres xornadas van pasar algunhas das principais voces expertas nas diferentes facetas de Paz-Andrade, que permitirán completar a análise da súa contribución ao desenvolvemento de Galicia, tanto desde o plano social e cultural, como desde o plano social.

Intervirán biógrafos do homenaxeado, como Charo Portela, Tucho Calvo ou Xan Carballa; especialistas da crítica literaria, como Xesús Alonso Montero ou Xosé Luís Axeitos e ensaístas da historia e da política, como Emilia García López, Xosé Manuel Beiras ou Xusto Beramendi, entre outros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES