A inminente chegada do Nadal centra a ampla oferta de actividades que a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten preparada para este mes de decembro nas bibliotecas nodais de Galicia. Ata o dÃa 25, incorpórase a temática navideña ás sesións de animación á lectura, obradoiros e espectáculos que ofrecen estes espazos que, ao mesmo tempo, continúan durante todo o mes coa súas iniciativas habituais.
Deste xeito, as actividades dos sábados xirarán na biblioteca González Garcés da Coruña o dÃa 22 arredor da historia do Apalpador, da man de TÃteres Cachirulo; e na nodal de Vigo sobre os cánticos para estas datas, con ‘O QuiquiriquÃÂ’, de Barafunda. O mesmo dÃa, o Apalpador visitará a biblioteca Ãnxel Casal (Santiago de Compostela), onde recollerá as cartas dos máis pequenos e repartirá larpeiradas. Pola súa parte, a nodal de Lugo organiza o certame de poesÃa infantil ‘Nadal 2012Â’, cuxas bases poden consultarse na web da propia biblioteca, no enlace web http://rbgalicia.xunta.es/lugo/index.php?subApartado=59. Asà mesmo, varias salas da biblioteca de Lugo e da Ãnxel Casal de Santiago dedÃcanse estes dÃas a mostra bibliográficas sobre decoración, cine e agasallos, todos en relación con estas festas.
A biblioteca pública Antonio Odriozola (Pontevedra) prepara a chegada de Papa Noel co espectáculo de teatro ‘A fábrica de xoguetesÂ’, que o 14 de decembro, a cargo de Teatro do Miolo, amosará ás nenas e nenos como se desenvolve o traballo no obradoiro do habitante máis famoso do Polo Norte. Para a mesma xornada, a Ãnxel Casal ten preparado un obradoiro de xoguetes reciclados, que será impartido polo alumnado do ciclo de animación sociocultural do IES Pontepedriña; mentres que para o dÃa 21 a actividade especial nesta biblioteca será teatral, da man de Teatro Garabullo e ‘O gorrión ValentinoÂ’.
Oferta para nenos e adultos
Ademais das iniciativas postas en marcha co gallo destas datas, as bibliotecas nodais de Galicia manteñen as súas actividades habituais, tanto para os máis novos – sesións de animación á lectura, obradoiros de banda deseñada e creación artesanal de libros, etc-, como para os adultos.
AsÃ, a Ãnxel Casal será o dÃa 14 o escenario dun concerto de violÃn organizado por Suzuki Galicia; e a González Garcés (A Coruña) acollerá o martes 18 a presentación do libro Paxaro de mar e vento, escrito por Tucho Calvo e ilustrado por Xosé Cobas, para o que tamén se organizou unha exposición de óleos do mesmo ilustrador. Nesta mesma biblioteca, a arquitectura será a protagonista a través da exposición organizada en torno ao I Concurso Iberoamericano Passivhaus, que se completará coas charlas ‘Bioconstrución e PassivhausÂ’ previstas para o dÃa 20.
En Santiago, as citas coas novidades editoriais son este mes os dÃas 12 e 13, coa poesÃa infantil de Verdedades, de Yolanda Castaño; e co proxecto de arqueoloxÃa social ‘Torre dos MourosÂ’, con banda deseñada de Manel Cráneo, coordinado a nivel comunicación por Manuel Gago, e dirixido desde o punto de vista arqueolóxico por Antón Malde.
A biblioteca nodal de Lugo amplÃa o público ao que adoita dirixir os seus obradoiros – habitualmente o infantil- cunha actividade de taller literario que se desenvolverá o dÃa 20; ademais do café filosófico do 19 de decembro, unha mesa de diálogo na que se abordarán diferentes reflexións e perspectivas sobre a morte.
Ademais, continúan ao longo de todo o mes as actividades de formación de usuarias e usuarios, as sesións de clubs de lectura e as exposicións que, de forma periódica, van ocupando os diferentes espazos das bibliotecas. Asà mesmo, e durante o perÃodo de actividade lectiva de decembro, os centros educativos que o desexen poden solicitar visitas guiadas para que o persoal amose ás alumnas e alumnos os segredos dos andeis das bibliotecas públicas de Galicia.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.