
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria intensifica a programación infantil da Rede Galega de Teatros e Auditorios neste mes de decembro, durante o que ofrecerá 72 funcións de teatro, danza, música, maxia e novo circo especialmente dirixidas aos espectadores máis pequenos. A meirande parte delas concéntranse, asà mesmo, no perÃodo de vacacións escolares.
En total, serán 126 as representacións para público adulto e infantil que se celebrarán durante todo o mes no seo deste circuÃto, que se estende por 32 localidades de toda Galicia. A rede, que Cultura e Educación xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), continúa a apostar de xeito prioritario pola produción galega e en galego, á que corresponde o 92% do total de funcións que porán en escena un total de 50 compañÃas e grupos.
Cofinanciamento
Cofinanciada ao 50% entre a Agadic e os concellos e entidades públicas que xestionan os espazos nos que se desenvolve o programa, a Rede Galega de Teatros e Auditorios pechará 2012 cun balance de 660 representacións. Esta cifra vén confirmar o destacado papel do circuÃto como unha das principais canles de encontro entre os espectadores e as compañÃas profesionais de Galicia. A variedade nas propostas artÃsticas ofertadas e a descentralización xeográfica a través dos seus 46 teatros e auditorios asociados continúan a ser os seus principais sinais de identidade co obxectivo de cubrir asà un amplo segmento de público potencial.
Neste mes de decembro a programación desenvolverase en 35 destes espazos, correspondentes a 32 concellos: 15 deles na provincia da Coruña (A Coruña, Ames, Arteixo, As Pontes de GarcÃa RodrÃguez, Betanzos, Carballo, Cedeira, Cee, Ferrol, Muros, Narón, Noia, Oleiros, Ortigueira e Santiago de Compostela), 9 en Pontevedra (A Estrada, Cambados, Gondomar, LalÃn, Pontevedra, Redondela, Tui, Vigo e VilagarcÃa de Arousa), 4 en Lugo (Foz, Lugo, Ribadeo e Viveiro) e 4 Ourense (A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Ourense).
Salas de música e teatro
à carteleira de decembro na Rede Galega de Teatros e Auditorios hai que sumar, asà mesmo, a actividade nos outros dous circuÃtos promovidos pola Agadic: 58 concertos nas diferentes salas que integran a Rede Galega de Música ao Vivo e 33 funcións escénicas e musicais na Rede Galega de Salas. Neste último caso, a programación dirixida ao público infantil vén cobrando cada ano un maior peso no conxunto do seu catálogo multidisciplinar. AsÃ, en decembro as salas ARTeria Noroeste e Santart en Santiago de Compostela, Teatro Ensalle en Vigo e Teatro del Andamio na Coruña acollerán un total de 22 representacións para os máis pequenos como parte da rede.
A programación completa das tres redes pode consultarse na sección de axenda da web da Agadic: www.agadic.info/axenda
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.