Notas de prensa

Preséntanse as guías en Braile e pictogramas de catro museos da rede de Lugo

A Rede Museística conta agora con guías dos catro museos elaboradas en Braille e tamén en pictogramas. Inaugurouse tamén unha mostra de monicreques e marionetas de Pedro Lavado, quen participou nunha mesa redonda con persoas con capacidades diferentes.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou, xunto á xerente da Rede Museística da Deputación, Encarna Lago, as guías dos catro museos pertencentes á Rede (San Paio de Narla, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo de Lugo) elaboradas en braille e máis en pictogramas para poder ser interpretados por persoas con capacidades diferentes. A presentación tivo lugar hoxe no Museo de Lugo, co gallo da celebración do día internacional das persoas con discapacidade, logo do que seguiu unha mesa redonda con persoas de colectivos de capacidades diferentes, e á que seguiu a presentación da exposición de marionetas e monicreques de Pedro Lavado.

A colección de monicreques e marionetas de Pedro Lavado Paradinas, que configuran o seu singular Museo Utoplía, non é só un conxunto de obxectos procedentes de todo o mundo, senón que lle engade á rareza das pezas e á súa procedencia exótica contos e lendas que forman parte da tradición oral e teatral de moitas culturas.

Monicreques e marionetas formaron parte da versión didáctica e amena de historias do Mahabarata e do Ramayana hindú, de ritos e maxia no mundo africano, anécdotas e historietas de pícaros como Nasredin, Yehá, Guignol, Arlequín, Gorgorito, Punch Kasperle, Petrouska ou Wolf, por só citar algúns dos protagonistas máis famosos do elenco teatral e naturalmente de todas as fábulas e contos que oímos de pequenos e que nos chegaron a través das recompilacións de Fedro, Esopo, Iriarte, Samaniego, Fenelón, os irmáns Grimm, Andersen ou Perrault.

Por todo isto, esta exposición, presentada hoxe no Museo de Lugo, quere ofrecerlle ao gran público, e non só aos pequenos senón tamén aos máis maiores, unha mostra de como as historias se van adaptando aos novos tempos e creando novas personaxes, entre as que destacan as actuais marionetas de Barrio Sésamo, os Fraggle, Dora, Pocoyó, Trancas e Barrancas e outros mil personaxes habituais xa nos programas de televisión.

A exposición Marionetas e Contos do mundo, no Museo de Lugo, ofrece pezas de madeira tallada e policromadas con pan de ouro procedentes de Birmania. Outras de gran formato de Sri Lanka, unha curiosa colección de pezas de madeira, cabaza e vestidos de tela reciclados procedente de Togo, Benin e Mali. Pezas a cabalo entre o rito e a maxia e como nalgún caso usadas para os rituais tras o nacemento, coñecidas como máscaras gueledé. Hai pezas de Uzbekistán, México, checas, inglesas, alemás, francesas e españolas e, como non podía faltar nestas próximas festas, marionetas co tema do Belén e en especial as do Belén animado de Tirisiti en Alcoi, Alacante, un dos exemplos máis curiosos da tradición e patrimonio intanxible na España actual.

A colección de Pedro Lavado, que conta con máis de dúas mil marionetas e monicreques de todo o mundo, e das que aquí se mostran duascentas, busca un lugar onde asentarse definitivamente para que nenos e adultos sigan soñando con esas historias e contos.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, 2012-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES