
O festival de música e patrimonio Espazos Sonoros 2012, promovido pola da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, chega ao seu fin con dúas iniciativas protagonizadas por un artista de excepción, Marco Ambrosini, un dos máis afamados intérpretes dun instrumento popular das culturas nórdicas, a nyckelharpa.
Espazos Sonoros clausura a súa edición de 2012 cun concerto moi especial, un encontro entre a formación galega Grupo de música antiga 1500 e o músico Marco Ambrosini. Baixo o título Comer, rezar, namorar..., o Grupo 1500 presenta un programa de músicas dos cancioneiros ibéricos do Renacemento arredor de tres temas universais.
Obras de importantes autores ibéricos dos séculos XV e XVI serán recreadas polo Grupo 1500, co seu persoal e característico estilo interpretativo, en colaboración con Marco Ambrosini. Toda unha serie de descoñecidas e fermosísimas pezas, que sorprenderán pola súa calidade textual e musical.
Entrevistas e música en directo
O músico tamén estará esta tarde no Centro Galego de Arte Contemporánea coa iniciativa Escoitas arredor de..., que dará comezo ás 20:00 horas. Este formato de entrevista e música en directo permitiralle ao público asistente coñecer de preto e gozar da conversa dun dos máis poliédricos músicos do momento. O membro fundador do grupo Oni Wytars, será o protagonista desta orixinal forma de achegarse á música e aos seus intérpretes. O xornalista e escritor Anxo Quintela será o encargado de presentar a iniciativa.
Afianzando obxectivos
Desde o seu inicio o pasado 8 de setembro, a quinta edición do festival Espazos Sonoros chega ao seu fin logo de ofrecer múltiples e variadas fórmulas de achegarse a música desde espazos de especial interese cultural de toda Galicia. En 2012, Espazos Sonoros afianzou os seus obxectivos de captación de novos públicos para a música con cheos absolutos en concertos e en actividades paralelas.
Concertos como o da formación Ulobit no Museo Massó en Bueu e Sara Ruiz na Reitoral de Gundivós en Sober ou actividades como a soireé organizada na Casa Grande de Vilancosta na Estrada son testemuña de como esta programación cumpriu coas expectativas dun público cada día mais interesado en novas propostas culturais e que aposta por un lecer de calidade.
Formacións como Seldom Sene, Ulobit, Iván Abal e Marisol Mendive, o Grupo de música antiga 1500, Marco Ambrosini, Germán Díaz, Charo Pita e Javier Fernández, Sara Ruiz, Valadarestiada e o arpista Andrew Lawrance-King percorreron diferentes espazos de interese cultural de Galicia, algúns xa coñecidos polo festival como a igrexa de San Pedro en Lugo ou o Liceo de Ourense, e outros novidosos, descubertos para o deleite musical, como o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, o Museo Massó en Bueu, a Reitoral de Gundivós en Sober ou a Casa Grande de Vilancosta na Estrada.
Música e patrimonio
A posta en valor do patrimonio musical e arquitectónico, a captación de novos públicos para a música clásica, a descentralización das programacións polos espazos da xeografía galega, a dinamización de públicos ou a contribución á recuperación dos instrumentos musicais históricos son algúns dos principais obxectivos desta iniciativa que promove a Secretaría Xeral de Cultura.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.