Notas de prensa

Subscríbese o convenio para a elaboración da Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica

Cultura e Educación, Obra Social “La Caixa” e Fundación Santa María La Real colabora para impulsar a formación e o emprego de mozos investigadores en materia de patrimonio cultural. Trátase dunha aposta por facilitar o acceso aos máis novos ao mercado laboral, ao tempo que se favorece a difusión do patrimonio cultural galego.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o director executivo territorial de “la Caixa” en Galicia, Marc Arthur Benhamou, e o presidentes da Fundación Santa María La Real-Centro de Estudios del Románico, José María Pérez González; asinaron un convenio de colaboración a través do que impulsarán a formación de mozas e mozos investigadores en situación de desemprego en materia de conservación do patrimonio cultural. Ao abeiro deste acordo, impulsarase a elaboración da Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica, un proxecto que afonda na grande riqueza deste espazo xeográfico desde o punto de vista histórico, artístico, ecolóxico e paisaxístico, con valores específicos dentro da arte románica.

Para contribuír a este proxecto a Consellería de Cultura e Educación facilitará o acceso aos investigadores aos monumentos e bens do patrimonio histórico das catro provincias galegas que compoñen o programa da enciclopedia, sempre de acordo ao máximo respecto por estes. Deste xeito, o departamento dirixido por Vázquez Abad contribúe á formación e ao emprego de mozas e mozos investigadores licenciados en Xeografía e Historia e en Arquitectura en situación de desemprego, no que supón, ademais dunha promoción do patrimonio cultural galego, unha clara aposta por facilitar o acceso ao mercado laboral aos máis novos.

O traballo de investigación será complementado con formación para os mozos investigadores e a tutela a cargo dun grupo de profesores e profesionais de acreditada solvencia e cunha longa e contrastada experiencia académica e profesional en diversas universidades e museos españois, así como en proxectos e plans relacionados coa moderna tutela do patrimonio. O obxectivo é preparar ao estes novos licenciados para que poidan asumir responsabilidades na protección e dinamización da arte e o patrimonio cultural, que lles abran ademais as portas de novas oportunidades profesionais.

Enciclopedia do románico

Froito do traballo de campo redactaranse artigos sobre diferentes testemuños románicos conservados en Galicia, que formarán parte da Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica, promovida e coordinada pola Fundación Santa María la Real, da que se editarán 1.500 exemplares. Ademais, esta información será publicada na plataforma web Románico Digital.

O obxectivo da enciclopedia e a investigación a ela vencellada é recuperar os valores patrimoniais históricos e artísticos dos vestixios románicos na Península Ibérica, así como propoñer solución de recuperación arquitectónica para responder aos usos actuais en condicións de seguridade axeitadas.

Así mesmo, procúrase promover estes monumentos e bens históricos como foco de atracción para o turismo cultural, de tal forma que se convertan en elementos dinamizadores das zonas nas que se sitúan.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES