
Previamente, o salón de entrada do Auditorio Gustavo Freire transformouse nunha instalación de formación militar de ben orixinais reclutas, montada polo Grupo teatral Achádego que colabora coa organización para irmandar o teatro e a cinematografía.
O Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, abriu o acto lembrando a Frank Braña, o actor homenaxeado hai uns anos na Semana de Cine que morreu en Madrid, despois de máis dun cento de mortes no cine - foi o actor que máis veces morreu na pantalla - . Lembranza, así mesmo, para Toñi Ónega, membro de Fonmiñá, fotógrafa entusiasta, á que a Semana homenaxea cunha exposición antolóxica da súa obra. Destacou que nun tempo difícil, de entrada ao outono, a Semana de Cine viña ser unha batería de proxectís cargados de ilusión para combatir a fame de cine dos lucenses.
O Deputado de Cultura e Turismo, Maario Outeiro, sinalou a satisfacción da Deputación Provincial porque a Semana de Cine chegase ás 34 edicións, destacando a vontade de colaboración con esta e moitas outras manifestacións culturais da provincia de Lugo. Finalmente Antón Bao,
Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, destacou a importancia da Semana polas súas proxeccións, pero tamén polas súas actividades complementarias, especialmente polo rescate de galegos do cine que saen do esquecemento para recoñecemento das xentes de hoxe da súa traxectoria na séptima arte.
Os intervintes estiveron acompañados no escenario polo Vicerreitor do Campus lucense, Pedro García Hérradón, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.