Notas de prensa

Oito bandas e djs forman parte do cartel do Lolapop de Redondela (Pontevedra)

O porto de Cesantes acolle o sábado 8 de setembro, a partir das 20.00 horas, as actuacións de Munich, Rusos Blancos, Bigott, Maryland, Niños Mutantes, Supersubmarina, Virginia Díaz DJ e Charli-e DJ. Agadic patrocina este evento que a organización califica de “festival coidado en todos os seus aspectos”.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a celebración da quinta edición do festival Lolapop, que terá lugar o sábado 8 no Porto de Cesantes, en Redondela, cun total de 8 grupos e DJs en cartel. As actuacións darán comezo a partir das 20.00 horas coa banda viguesa Munich, á que seguirán –por esta orde– Rusos Blancos, Bigott, Maryland, Niños Mutantes, Supersubmarina, Virginia Díaz DJ e Charli-e DJ.

Organizado pola empresa galega Ernie Producciones, o Lolapop é un dos 15 eventos musicais subvencionados este ano a través da nova convocatoria pública de axudas a festivais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que inclúe ademais o apoio a 8 encontros de artes escénicas e á que se destina un importe global próximo aos 350.000 euros.

Cambio de sede

O festival, que conta ademais co patrocinio e colaboración doutras entidades públicas e privadas, regresa en 2012 ao panorama musical galego despois da paréntese do ano pasado. Unha das principais novidades desta edición é o traslado da súa sede ao concello de Redondela, cun recinto situado a carón do mar na explanada do porto de Cesantes.

Porén, a filosofía do V Lolapop continúa a ser a mesma que en anos anteriores e que, como sinala a organización, está baseada na procura dun “festival coidado en todos os seus aspectos”, dende a elección do cartel ata os medios técnicos e a atención ao público e profesionais asistentes.

Programación infantil

Como parte importante da programación, o festival mantivo o Lolapop para Nenos, que se celebrou o pasado sábado na alameda de Redondela co obxectivo de achegar o pop aos máis pequenos (nenos e nenas de 3 a 14 anos de edad) a través dos concertos acústicos de parte dos grupos en cartel, así como doutras actividades especialmente pensadas para os máis cativos.

As entradas poden adquirirse de xeito anticipado na web www.ticketea.com, ao prezo de 12 euros máis gastos de xestión, ademais de nos puntos de venda física habilitados en Pontevedra (Rei Zentolo e Pekeño Karma), Vigo (Discos Elepé), Santiago de Compostela (A Reixa Tenda) e A Coruña (Portobello Discos). Tamén poderán adquirirse o mesmo día do festival, na billeteira do recinto, a un prezo de 16 euros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-09-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES