A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre a temporada teatral 2012-2013 do Centro Dramático Galego co inicio dos ensaios do espectáculo O profesional cara á súa estrea o 5 de outubro no Salón Teatro de Santiago. Baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, un elenco integrado por catro destacados nomes da escena galega Miguel Pernas, Ernesto Chao, Rodrigo Roel e Rebeca Montero traballa xa na construción e interpretación dos personaxes da obra de Dusan Kovacevic, dramaturgo e director de orixe serbia e unha das grandes figuras contemporáneas da escrita dramática europea.
Realizada en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga, esta montaxe é tamén a primeira proposta escénica da nova etapa de Guede Oliva á fronte da compañía pública, que baseará a súa actividade na optimización de recursos e na procura da máxima rendibilidade social das súas iniciativas. A obra permanecerá en carteleira no Salón Teatro ata o día 21 de outubro para iniciar despois unha extensa xira por outras 12 localidades galegas e portuguesas que se prolongará ata finais do ano.
Dúo protagonista
Ambientada no Belgrado de 1990, O profesional é a historia do encontro entre Teodor Teja Kraj, un ex-activista político na oposición ao réxime do mariscal Tito e acomodado agora entre as redes do poder, e Luka Laban, o policía que durante dúas décadas lle seguiu os pasos. Na versión galega, Miguel Pernas e Ernesto Chao darán vida aos que nunha época foron perseguido e perseguidor, pero que ven agora como se inverten os seus papeis neste novo momento histórico, inmediatamente anterior ao inicio da guerra dos Balcáns.
Rodrigo Roel, como o tolo, e Rebeca Montero, como a secretaria, completan o elenco que levará a escena este texto actual e cheo de matices, a través do que o CDG propón unha reflexión histórica e desde nós no ano no que se conmemora o vinte aniversario do inicio oficial da guerra de Bosnia.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.