O INEGA celebra a Semana Europea da Mobilidade para fomentar un modelo responsable de transporte
O Instituto Enerxético de Galicia participará na Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa que persegue concienciar á cidadanÃa sobre a importancia do emprego dun transporte eficiente. De xeito que, entre o 16 e o 22 de setembro, poranse en marcha unha serie de actividades relacionadas co sector transporte co obxectivo de seguir mellorando na redución do seu impacto ambiental.

Neste sentido, o Inega elaborará un Plan de Mobilidade para os traballadores dos servizos centrais da Xunta de Galicia, avaliando hábitos de desprazamento e posibles melloras nos mesmos. Tamén farase balance dos avances levados a cabo co proxecto de mobilidade eléctrica iniciado recentemente, tendo en conta que o software especializado para o rexistro da información xerada polos vehÃculos eléctricos, destinados á elaboración dun estudo demostrativo, contará en setembro cos primeiros datos.
A semana europea da mobilidade servirá, tamén, para facer balance das actuacións desenvolvidas polo Inega no que vai de lexislatura, e que perseguen o fomento dunha mobilidade sostible entre os galegos. AsÃ, téñense implantado máis dunha quincena de servizos de transporte urbano en bicicleta, que ten chegado a preto de 900.000 galegos.
Ademais, elaboráronse anualmente distintos plans de transporte para empresas e centros de traballo co obxectivo de reducir o consumo enerxético nos desprazamentos dos seus traballadores, e executáronse preto dunha quincena de plans de mobilidade urbana sostible, nos que se realizaron desde estudos xerais a estudos especÃficos para analizar a mobilidade dos concellos e mancomunidades. Estas actuacións incluÃron a instalación de infraestruturas de recargas de vehÃculos eléctricos en varias cidades galegas ou a implementación dun sistema de aluguer para este tipo de coches.
O estudo para a implantación do carril VAO nas principais cidades galegas; o case medio centenar de actuacións para a mellora da xestión de flotas de transporte por estrada; ou a posta en circulación de preto de 800 vehÃculos eficientes son outras das actuacións fomentadas pola ConsellerÃa de EconomÃa e Industria. O conxunto das mesmas permitiu non só importantes beneficios económicos, senón tamén unha importante diminución das emisións de CO2, que se reduciron nunha media de 110.000 toneladas por exercicio.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, 2012-08-27
Actualidad

Galicia é unha das primeiras comunidades que aproba o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano, en concreto 14.177 millóns de euros. A planificación das polÃticas en materia financeira ten permitido que desde o ano 2020 se incrementen case un 40 % os recursos ordinarios da comunidade autónoma, para blindar servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación e a dependencia e seguir xerando riqueza en Galicia co apoio ao tecido produtivo da comunidade. Os recursos propios autonómicos medran en 485 millóns, co cal acadarán os 12.276 M€ no ano 2026. Trátase, como non podÃa ser doutra maneira, dunha cantidade compatible coa regra de gasto, que se preve que creza no vindeiro ano un 3,5 %.

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, sinalou hoxe que o Informe sobre a situación da AP-9 elaborado desde a ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avaliado hoxe no Consello da Xunta conclúe que o rescate da concesión da autoestrada é 'a alternativa máis vantaxosa para o interese público', e cuantifica a estimación actual desta medida en 2.356M€, 'cantidade moito menor da que haberÃa que pagar de aquà ao final da concesión', segundo apuntou Rueda. A Administración autonómica exixe ao Goberno central que, diante do recente ditame da Comisión Europea sobre a AP-9, asuma este rescate e a liberalización das peaxes de xeito inmediato.
Notas
O Galician Freaky Film Festival continúa a desvelar os ingredientes da súa novena edición, que terá lugar entre o 19 e o 27 de setembro no C.C. Plaza ElÃptica de Vigo. Logo de anunciar que a temática central deste ano xirará arredor dos Mad Doctors, os cientÃficos tolos máis lendarios do cinema, o festival confirma agora a distribución das longametraxes principais da súa programación, coincidindo cos aniversarios dalgúns tÃtulos icónicos do xénero.
Microsoft acaba de anunciar unha colaboración con tres centros de investigación de referencia en España, entre eles, o Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes da USC. A finalidade destas sinerxÃas é desenvolver modelos fundacionais de IA en linguas oficiais do Estado. O anuncio constitúe un novo paso na estratexia da compañÃa para impulsar tecnoloxÃas da linguaxe baseadas en IA aberta, responsables e adaptadas á diversidade lingüÃstica europea.