Notas de prensa

A rede Ourense WiFi superou en xullo os 10.000 usuarios únicos rexistrados dende a súa posta en funcionamento

A rede 'Ourense WiFi', posta en marcha polo Concello de Ourense en decembro de 2010, superou durante o mes de xullo os 10.000 usuarios únicos rexistrados, acadando a cifra de 10.113 -dos que 452 se rexistraron durante o mes pasado-.

Cunha media de 505 altas mensuais, o proxecto atópase no bo camiño para cumprir co seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a cidadáns e visitantes da cidade, ofrecendo acceso gratuíto á Internet en 42 puntos da cidade e a súa periferia.

O Informe de emprego da rede 'Ourense WiFi' arroxa tamén un importante incremento da frecuencia de uso da mesma. Deste xeito, o número de visitas totais rexistradas ao longo do mes de xullo ascende a 14.223 -polas 5.137 rexistradas en xuño, ou as 4.282 de maio-, levadas a cabo por 5.293 visitantes únicos. Destas visitas, o 31% son novas, é dicir, corresponde a usuarios que nunca antes accederan á rede.

Outro indicador que rexistrou un importante crecemento ao longo do mes de xullo é o relativo ao número de páxinas visitadas polos usuarios da rede 'Ourense WiFi'. A cifra correspondente ao mes pasado -54.9712-, supón un incremento do 160% respecto ao mes de xuño. Deste dato despréndese que o tempo de permanencia dos usuarios na rede é maior, visitando un maior número de páxinas durante as súas conexións. O acumulado anual de páxinas visitadas polos internautas ascende a 133.355.

Ao longo do mes de xullo contabilizáronse 12.449 sesións iniciadas polos usuarios do sistema, é dicir, o número o total de navigacións pola Internet que levaron a cabo durante ese período os internautas rexistrados. Esta cifra -superior ás rexistradas nos meses de maio (7.598) e xuño (11.072)-, sitúase entre as máis altas dende a posta en marcha do servizo, e sitúa o número total de sesións en 187.369 dende decembro de 2010 -unha media de 9.368 cada mes, e 312 cada día-.

Este aumento do número de sesións respecto dos meses precedentes pódese relacionar coa maior afluencia turística en xullo -como xa ocorrera co gallo da Semana Santa en 2011 e este mesmo ano-, de xeito que o servizo 'Ourense WiFi' sería unha ferramenta últil para todos aqueles visitantes de fóra da cidade que desexan empregar a Internet durante a súa estancia en Ourense, dun xeito áxil, cómodo y sen ningún custo. Ademais, os días de maior actividade durante o mes pasado coincide cos días próximos á festividade do Apóstolo e ós días finais do mes.

No referente ás canles de acceso á rede, o 36% dos usuarios fixérono a través de dispositivos móbiles -teléfonos, tabletas, etc.-, mentres que o 64% restante corresponde aos accesos a través de ordenadores convencionais. Deste xeito, constátase a crecente modernización dos usuarios, que empregan no seu día a día as ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías. Neste sentido, a posta en funcionamento da rede 'WiFi Ourense' supuxo no seu momento un importante chanzo no camiño de reducir a fenda dixital e dotar a Ourense dunha rede inalámbrica de acceso á Internet que permita aos cidadáns e visitantes unha rápida conexión á rede de xeito gratuíto. Este esforzo obtivo a súa recompensa o pasado mes de abril, cando Google - buscador líder na Internet e unha das empresas con mellor valoración a nivel mundial- recoñeceu a Ourense como 'Cidade Dixital', valorando o esforzo do Concello por fomentar o desenvolvemento dixital de cidadáns e empresas.

Concello de Ourense, 2012-08-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) Galicia é unha das primeiras comunidades que aproba o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano, en concreto 14.177 millóns de euros. A planificación das políticas en materia financeira ten permitido que desde o ano 2020 se incrementen case un 40 % os recursos ordinarios da comunidade autónoma, para blindar servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación e a dependencia e seguir xerando riqueza en Galicia co apoio ao tecido produtivo da comunidade. Os recursos propios autonómicos medran en 485 millóns, co cal acadarán os 12.276 M€ no ano 2026. Trátase, como non podía ser doutra maneira, dunha cantidade compatible coa regra de gasto, que se preve que creza no vindeiro ano un 3,5 %.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, sinalou hoxe que o Informe sobre a situación da AP-9 elaborado desde a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avaliado hoxe no Consello da Xunta conclúe que o rescate da concesión da autoestrada é 'a alternativa máis vantaxosa para o interese público', e cuantifica a estimación actual desta medida en 2.356M€, 'cantidade moito menor da que habería que pagar de aquí ao final da concesión', segundo apuntou Rueda. A Administración autonómica exixe ao Goberno central que, diante do recente ditame da Comisión Europea sobre a AP-9, asuma este rescate e a liberalización das peaxes de xeito inmediato.

Notas

O Galician Freaky Film Festival continúa a desvelar os ingredientes da súa novena edición, que terá lugar entre o 19 e o 27 de setembro no C.C. Plaza Elíptica de Vigo. Logo de anunciar que a temática central deste ano xirará arredor dos Mad Doctors, os científicos tolos máis lendarios do cinema, o festival confirma agora a distribución das longametraxes principais da súa programación, coincidindo cos aniversarios dalgúns títulos icónicos do xénero.
Microsoft acaba de anunciar unha colaboración con tres centros de investigación de referencia en España, entre eles, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC. A finalidade destas sinerxías é desenvolver modelos fundacionais de IA en linguas oficiais do Estado. O anuncio constitúe un novo paso na estratexia da compañía para impulsar tecnoloxías da linguaxe baseadas en IA aberta, responsables e adaptadas á diversidade lingüística europea.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES