Notas de prensa

A Deputación de Ourense colabora nos rallyes de clásicos e de coches antigos

A Deputación de Ourense colabora un ano máis coa organización do “Rallye de Clásicos” e do “Rallye de Coches Antigos”, dous eventos que terán lugar entre os días 8 ao 10 de xuño e que reunirán en ourense a pilotos e automóbiles doutras épocas, para ledicia dos amantes do mundo do motor.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse cos responsables da organización destes eventos, Pichi Sierra e Luis Aragones, os cales lle trasladaron ao presidente provincial as novidades deste ano.

Polo que atinxe ao “XVIII Rallye de Clásicos”, o evento consiste nun rallye de regularidade pola provincia de Ourense para vehículos históricos (entre 1946 e 1978), que percorrerán en total 300 quilómetros. Pola súa banda, o “IX Rallye de Antigos” percorrerase ao longo de 150 quilómetros en el poderán participar coches dos anos 1904 a 1965.

Os automóbiles cubrirán un percorrido por diferentes vilas e pobos da provincia. Partindo da capital ourensá pasarán polo arredores de Ourense (zona termal da Chavasqueira e Outariz), para achegarse posteriormente nas diferentes etapas e nos días seguintes ao Canón do Sil, Celanova, A Merca, Allariz, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas e Maceda.


Para máis información:
www.clasicosourense.com

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2012-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES